Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

07/06/2024 | 11:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana

A actuación, que conta cun investimento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de algo máis de 17.000 euros, desenvolveuse nesta ocasión na área posterior da sauna castrexa ou monumento con forno

07/06/2024 | 11:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incoa o expediente de declaración BIC da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso, o que supón a protección inmediata desta tradición con máis de 350 anos de antigüidade que reúne en Lugo a representantes das sete cidades do Antigo Reino de Galicia

06/06/2024 | 17:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura

A edición deste ano conta con Bernhard Schlink, Delphine de Vigan, Xabier Quiroga, Jacobo Bergareche e Jonh Banville entre os finalistas

06/06/2024 | 14:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos refírese a Rosalía de Castro como a muller referente da cultura galega

Asiste á inauguración da xornadas poéticas-multilingüe ‘Rosalía en Camiño 2024’, coas que colabora a Xunta

06/06/2024 | 14:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o luns o prazo para inscribirse nos minicampamentos de verán

As actividades enmárcanse na campaña ‘O teu mellor verán’ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ofrecen 700 prazas para cativada entre 9 e 14 anos

06/06/2024 | 14:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta concederá 20 premios extraordinarios ao rendemento académico ao alumnado que remate este curso a ESO con resultados excelentes

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 6 de xullo para optar a lograr un galardón dotado con 1.000€ e un diploma acreditativo

06/06/2024 | 13:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a licitación das obras para restaurar o retablo da igrexa de San Xián de Laíño de Dodro

A actuación conta cun prazo previsto de cinco meses e unha achega de 35.000 € para resolver os danos provocados pola humidade e afectación dos térmites

06/06/2024 | 13:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén a súa colaboración co Concello ribadaviense no marco da estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas galegas

05/06/2024 | 19:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en marcha os traballos para dotar a Adro Vello dunha aula interpretativa

O espazo estará situado ao carón da igrexa de San Vicente do Grove e contará con diferentes paneis, información textual e gráfica e unha maqueta do xacemento