Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

17/06/2024 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora coa Asociación Sagrado Corazón no campamento deportivo que desenvolverá a última semana de xuño

Está orientado a menores de entre 6 e 14 anos e terá sedes en Lugo, Portomarín e Castro de Rei

17/06/2024 | 12:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva

A medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para acadar os obxectivos que se recollen na Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia

16/06/2024 | 11:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024

Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

15/06/2024 | 20:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza os Premios Antonio Palacios que se celebran por primeira vez no Porriño

O conselleiro destaca a importancia deste tipo de iniciativas que ademais de recoñecer a figura “dun veciño ilustre” tamén “recoñecen a dedicación e traballo doutras persoas”

15/06/2024 | 14:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta que os premios Losada Diéguez “reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós”

Pon en valor o prestixio destas distincións que na súa XXXIX edición premian un ensaio de Rafael Otero Janeiro e unha novela de Iria Morgade

15/06/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ levará este verán 305 actuacións escénicas e musicais a 88 localidades das rutas xacobeas

O concerto de Paty Lesta & The Hits en Vilagarcía de Arousa, o teatro infantil de Bandullo Azul e as narracións de Cris de Caldas en Barreiros inauguran hoxe a 12ª edición do programa

14/06/2024 | 14:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor o impacto deste tipo de proxectos nos hábitos de lectura dos galegos

14/06/2024 | 13:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o poder do audiovisual como ferramenta de expresión e formación da mocidade

Os cineastas Alejandro Tarraf, Carla Andrade e Fon Cortizo guiaron os filmes nos que participaron docentes e estudantes de centros de ensino de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Cangas

14/06/2024 | 13:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Atardecer no Gaiás’ programa 16 citas musicais ao aire libre con ritmos urbanos e latinos, ‘neo-tradi’, pop e electrónica para os seráns de xullo e agosto

O cartel inclúe sete grupos galegos: De Ninghures, Flow do toxo, A Pedreira, Amoebo, Alana, ALARIDO e Santi Araújo, que demostran a variedade do talento musical do país