Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

11/09/2023 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial destaca a “tranquilidade” do inicio do curso durante a visita ao CEIP de Espedregada, en Poio

Preto de 117.000 alumnos iniciaron hoxe as clases na provincia de Pontevedra, dos cales 20.700 corresponden á comarca de Pontevedra e 1.750 ao concello de Poio

10/09/2023 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa a loita contra o abandono escolar, a igualdade de oportunidades, a convivencia, a inclusión e a FP como os retos para este curso

Asegura que a implicación e a motivación do profesorado é “a clave de bóveda” do éxito do sistema educativo galego, que está “na vangarda de España, de Europa e da OCDE” nos principais indicadores tanto do Ministerio como dos informes PISA

09/09/2023 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo felicita ao Museo do Gravado de Ribeira por reunir 20 países nos seus premios

O director xeral de Cultura participa na entrega do XVI Premio Atlante de Gravado, un dos galardóns máis reputados da arte do gravado no estranxeiro

09/09/2023 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a Xunta leva executadas 1.372 obras nos centros escolares nesta lexislatura

270 son grandes obras como rehabilitacións integrais, ampliacións e novas construcións e outras 1.040 son obras de pequena e mediana envergadura

09/09/2023 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás atéigase hoxe de circo e maxia na Cidade Imaxinaria cunha vintena de compañías nacionais e internacionais e orixinais propostas lúdicas

Acrobacias aéreas, clown, teatro, funcións circenses, maxia, xogos tradicionais e de enxeño son algunhas das propostas da xornada para o público familiar

08/09/2023 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a contratación dun espectáculo de danza de gran formato en coprodución co seu Centro Coreográfico Galego

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 60.000 euros a esta iniciativa para fornecer a actividade da súa unidade coreográfica no marco das liñas estratéxicas do Plan Integral para a Danza de Galicia

07/09/2023 | 20:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a aposta do FIOT de Carballo pola innovación e o papel do teatro como factor de transformación social

Desenvolverase do 28 de setembro ao 31 de outubro, co apoio da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións a festivais de artes escénicas
 

07/09/2023 | 15:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza o Plan Reforza da Investigación universitaria con 19 M€ para contratar cen tecnólogos de apoio ao labor científico

Rueda asegura que esta pioneira iniciativa se enmarca “na clara aposta” do Goberno autonómico polo I+D

07/09/2023 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xoel López, Iván Ferreiro e Los Punsetes encabezan a vintena de bandas e artistas que reúne o Season Fest en Gondomar co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación desta quinta edición, que se desenvolverá do xoves 21 ao domingo 24 e na que tamén actuarán Pablo Novoa, Triángulo de Amor Bizarro ou a portuguesa Capicua

06/09/2023 | 16:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta visibiliza en Alemaña a obra de grandes escritoras galegas de diferentes épocas, desde Pardo Bazán a Luz Pozo Garza

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación de dous volumes en edición bilingüe e alemán coordinadas polo responsable do Centro de Estudos Galegos en Kiel (Alemaña) e traducidos pola Rede Europea de Tradutores