Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o IES Arcebispo Xelmírez I celebran o Día Europeo das Linguas cun recitado multilingüe
O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta lectura de poemas en distintos idiomas por parte do alumnado do instituto compostelán
Curtocircuíto conta co apoio da Xunta para celebrar o seu 20º aniversario con 30 filmes de 16 países na sección oficial
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participou na presentación do certame que se celebra en Santiago de Compostela do 3 ao 8 de outubro
A Formación Profesional galega marca un novo récord ao superar por primeira vez os 64.500 alumnos
A matrícula de FP gaña 3.687 estudantes e medra un 6% respecto ao ano pasado e un 86% respecto ao 2008-09, cando cursaban estas ensinanzas 34.746 persoas
Nova Galega de Danza inicia co apoio da Xunta as celebracións do seu 20º aniversario coa estrea de 'Berro'
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación do espectáculo que se verá o sábado 30 ás 20,00 h. por vez primeira no Pazo da Cultura de Narón no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios
A Xunta presenta un dicionario bilingüe galego-italiano en liña co gallo do día europeo das linguas
Pioneiro no seu campo, está realizado polo Centro Ramón Piñeiro coa catedrática emérita da USC, Isabel González
Máis de 2.000 alumnos de 100 centros participarán no novo programa Innovatech FP
Román Rodríguez salienta a aposta pola innovación tecnolóxica e dixital na Formación Profesional a través desta acción na que a Xunta inviste 1,5M€
Os actos centrais do 30 aniversario do CGAC incluirán un espectáculo de danza vertical e un videomapping na fachada
A próxima semana, coincidindo coa data exacta da inauguración do centro, celebraranse o venres 29 e sábado 30 distintas actividades de balde
A Fundación BOFILL visita bibliotecas escolares galegas para exportar a Cataluña o modelo de éxito da Xunta
Unha expedición desta entidade reuniuse con técnicos da Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación para coñecer polo miúdo as accións neste ámbito
O Centro Dramático Galego recibe unha ducia de directores teatrais de sete países para promover a diversidade lingüística e cultural de Europa
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse cos participantes no encontro que ten lugar en Santiago ata o día 24, ao abeiro do proxecto europeo Phone para lle dar voz ás linguas propias a través do teatro