Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

15/10/2023 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pón en valor o legado do Seminario de Estudos Galegos cun programa didáctico e de visitas especiais ao redor da exposición Luz na terra no museo Gaiás

Ramón Villares, comisario da mostra e un dos historiadores máis destacados de Galicia, comeza o martes 17 de outubro este programa de visitas especiais conducidas por algúns dos maiores expertos na historia do Seminario de Estudos Galegos

14/10/2023 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa catro residencias artísticas no Gaiás ligadas aos coidados, a moda sostible, a artesanía do coiro e a saúde mental

‘Coidad@’ de Marcos Dios Aguado, ‘Con/suere’ de Ana Pérez Valdés, ‘Coiro Fervido’ de Edita Rodríguez Oca e ‘Está vostede aquí?’ de Sara Donoso son os proxectos seleccionados na convocatoria

14/10/2023 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centro galegos participarán na liga impulsada pola Garda Civil para promover a formación en ciberseguridade

Galicia é unha das tres comunidades elixidas formar parte desta actividade xunto con Castela–A Mancha e Madrid

13/10/2023 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pecha a celebración do ano Picasso cunha exposición arredor da súa etapa académica na Coruña

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura esta mostra que inclúe documentos, fotografías, debuxos e expedientes orixinais datados entre 1850 e 1920

13/10/2023 | 14:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á carteleira escénica da cidade de Pontevedra con oito funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O público familiar é o protagonista desta oferta, que arranca o domingo no Teatro Principal cunha dobre función de Ás para Alex, de Baobab Teatro

13/10/2023 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta porá en valor o Castro de Cividá e o Petróglifo de Pedra dos Mouros de Cerdedo-Cotobade no marco do Plan de intervencións arqueolóxicas

Os traballos contan cun investimento de 30.000€ para realizar tarefas de roza, limpeza, documentación e sinalización nestes bens

13/10/2023 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A colección de arte do CGAC despídese este domingo do Museo Centro Gaiás

É unha das dúas exposicións realizadas entre o Gaiás e o CGAC para celebrar o 30 aniversario deste museo, onde segue aberta a outra mostra ata xaneiro

12/10/2023 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese ao Seminario de Estudos Galegos como unha institución “determinante na construción da identidade galega”

Destaca a importancia da xuntanza celebrada hoxe hai 100 anos por un grupo de intelectuais e o cambio que supuxo no xeito de investigar, narrar e describir a historia de Galicia

11/10/2023 | 15:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a Semana de Cine Euroárabe Amal que amosará media decena de filmes en prol do entendemento intercultural

O director xeral de Cultura, destaca a aposta do Goberno galego por impulsar unha oferta cultural de calidade e plural a través desta cita

11/10/2023 | 15:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda salienta o acordo histórico selado entre Xunta e sindicatos para a mellora estrutural do sistema educativo que senta as bases do ensino da próxima década

Subliña que recolle medidas enfocadas a afrontar os retos presentes e futuros na educación e continuar tendo un dos mellores sistemas públicos de España