Actualidade
Buscador de novas
A exposición Nicolás Muller. Vento norte despídese esta fin de semana do Gaiás tras recibir 15.000 visitas
A mostra recupera a memoria de Galicia e das rexións do Cantábrico nos anos 60 a través da mirada dun dos grandes fotógrafos documentais do século XX
A Xunta premia unha instalación interactiva inspirada na amizade entre Eisenman e Hejduk na convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres do Gaiás
O proxecto, presentado pola artista visual Isabel Merchante e o crítico e comisario Óscar Manrique, foi elixido entre 12 propostas
68 investigadores posdoutorais poderán afianzar a súa traxectoria científica no sistema galego de I+D+i grazas ao apoio da Xunta
As consellerías de Educación e de Economía veñen de adxudicar os contratos tanto para a formación inicial como para a consolidación de liñas de investigación propias
A Filmoteca de Galicia dedícalle un ciclo ao cineasta experimental Jon Jost co gallo da estrea mundial do filme ‘Casa do silencio’, rodado de Galicia
O realizador estadounidense presentará esta produción de aCentral Folque o 24 de novembro na cinemateca da Xunta, onde ese mesmo día ofrecerá unha ‘master class’
A Xunta inviste preto de 70.000 euros en obras de acondicionamento do CPI Laureano Prieto da Gudiña
O delegado territorial explicou que estas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia”
A Xunta impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas
O director xeral de Cultura e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa presentan a programación das actividades de divulgación científica
Román Rodríguez anuncia que ‘A Santa’ de Asorey pode visitarse desde hoxe no Museo Zorrilla de Montevideo
O traballo da Xunta para adquirir esta peza remata coa súa incorporación á colección permanente da antiga casa de veraneo do poeta José Luis Zorrilla e de San Martín
Román Rodríguez anima aos galegos no exterior a retornar para estudar como xa fixeron 1.200 persoas
O conselleiro de Educación presenta en Bos Aires e Montevideo as bolsas que a Xunta ofrece para cursar ensinanzas de FP e másteres universitarios
As bibliotecas de Betanzos e Cenlle reciben o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2023
Os proxectos galardoados afondan na capacidade de crear alianzas estratéxicas, así como no impulso de actividades para a implicación da comunidade educativa
A Xunta conclúe a actuación no xacemento de Proendos coa consolidación do primeiro hórreo romano de muros paralelos do noroeste peninsular
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación promovida en colaboración co Concello de Sober dálles continuidade aos traballos realizados en campañas anteriores, cun investimento autonómico superior aos 100.000 euros