Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.855 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

15/12/2023 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un percorrido pola obra de Antón Lamazares inaugurará o programa expositivo do CGAC en 2024 con ata 11 exposicións

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado polo director do centro, Santiago Olmo, presenta a axenda cultural do vindeiro ano

15/12/2023 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor supervisa as obras de renovación da cuberta do patio interior no CEIP Otero Pedrayo da Laracha

O delegado da Xunta explicou que con esta actuación mellorouse o illamento e a confortabilidade deste patio un dos espazos de convivencia e xogo protexido da choiva

15/12/2023 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa nun 17 % o apoio á programación do teatro principal de Ourense no marco da Rede galega de teatros e auditorios

As compañías Caldas e Mancho, Sarabela, Ibuprofeno, Condetrespés, Mario Vega, Ron Lalá e Inconstantes levarán a cabo 10 funcións dos seus últimos espectáculos no primeiro semestre de 2024

15/12/2023 | 11:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia catro novas obras en centros escolares da cidade de Pontevedra que elevan o investimento en marcha da Xunta a máis de 10 M€

Román Rodríguez destaca que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, con centros con maior confort térmico e máis accesibles

14/12/2023 | 19:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel das asociacións de Amigos do Camiño de Santiago na construción da mellor Galicia da nosa historia contemporánea

Reciben o recoñecemento as asociacións da Santa Cruz de Cuenca, de Río Grande do Sul, mentres que o profesor Paolo Caucci obtivo a mención especial

14/12/2023 | 17:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor o labor arquivista de Olga Gallego polo centenario do seu nacemento no Arquivo Histórico de Ourense

A mostra, que estará dispoñible ata o 26 de xaneiro, conta cunha entrevista inédita en formato audiovisual da recoñecida bibliotecaria

14/12/2023 | 15:50 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha un plan de apoio á investigación universitaria dotado con 104 M€ en 2024 para reforzar o talento científico e as súas infraestruturas

O obxectivo é impulsar a investigación en excelencia e promover que os avances xerados deriven en solucións efectivas ante os retos de futuro

14/12/2023 | 15:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que a Xunta convocará en 2024 case 1.750 prazas en oposicións para o ensino público

Destaca que se trata “da maior oferta dos últimos cinco anos” e que o 86% dos postos serán de novo ingreso

14/12/2023 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Artistas con diversidade funcional participan nun obradoiro de teatro clásico organizado polo Centro Dramático Galego e Culturactiva

O curso, que comeza mañá en Santiago, será impartido polo director madrileño Ignacio García, referente na difusión do repertorio teatral do Século de Ouro

13/12/2023 | 19:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta advirte de que o Goberno central está a poñer en risco as prácticas e a titulación de milleiros de estudantes galegos de FP e universidades

Moncloa pretende poñer en marcha o 1 de xaneiro a cotización das prácticas do alumnado sen ter establecidos os mecanismos necesarios que o fagan posible