Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.855 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

18/12/2023 | 15:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta suma 12 novos artistas e grupos ao seu programa de aceleración musical ‘Sonemerxente’

Destina 250.000 euros á segunda edición desta iniciativa para impulsar carreiras musicais con especial potencial de proxección

18/12/2023 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez visita o colexio Manuel Sieiro, en Crecente, onde a Xunta leva realizadas actuacións por un importe de máis de 140.000 € no último ano

Entre as obras levadas a cabo están a renovación da fontanaría e a carpintaría, a cubrición do patio de Infantil, a mellora da fachada traseira e a reparación do salón de actos

18/12/2023 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/12/2023 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 14.000€ en novas actuacións arqueolóxicas de investigación e posta en valor do Castro de San Vicenzo, en Avión

O delegado territorial sinalou que esta actuación “forma parte do compromiso do Goberno galego para mellorar a conservación, afondar no seu estudo e dar a coñecer este patrimonio entre a cidadanía”
 

18/12/2023 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 187.000 € na restauración da igrexa de Santa Rita de Xuvia, en Narón

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que se ultiman estes días co pintado final

17/12/2023 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os museos da Xunta superan as 338.000 visitas e rematan o ano por enriba das cifras previas á covid

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, preside a constitución do Consello de Centros Museísticos de Galicia

16/12/2023 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 500 centros educativos reforzan as competencias dixitais do alumnado con programas de uso seguro e responsable das tecnoloxías e as redes

A Xunta impulsa un abano de iniciativas neste eido para que o desenvolvemento tecnolóxico sexa un medio de apoio ao proceso de aprendizaxe

15/12/2023 | 19:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Gaiás abre un espazo lúdico de Nadal que convida as familias a descubrir a capacidade do xogo libre para estimular a creatividade da cativada

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, prende a iluminación da árbore dando comezo á programación

15/12/2023 | 15:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que Galicia organizará o vindeiro ano a XXVII edición da exposición ‘Las Edades del Hombre’ xunto a Castela e León

Enmarca esta colaboración entre ambas comunidades dentro dos “moitos intereses comúns” que comparten, entre os que salientou a reivindicación da “igualdade entre todos os territorios de España”

15/12/2023 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Premios Nacionais de Artesanía 2023 recoñecen o labor de dous obradoiros galegos e da Fundación Artesanía de Galicia

O cesteiro Álvaro M. Leiro (Pazos de Borbén) recibe o Premio Nacional de Artesanía e o obradoiro de tecido Inés Rir&Co (Allariz) gaña o galardón na categoría de Produto