Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

29/12/2023 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 300.000 euros á nova convocatoria anual de subvencións para festivais audiovisuais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases desta liña de axudas para eventos estratéxicos que se celebren entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024

28/12/2023 | 20:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon o broche de ouro ao ano dedicado a Fernández del Riego coa presentación do XLVI Caderno Ramón Piñeiro

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do último volume desta colección, titulado ‘Francisco Fernández del Riego no río do tempo’

28/12/2023 | 19:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra Alfonso Soto Fon amosa a traxectoria do artista desde o Museo Etnolóxico de Ribadavia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, pon en valor a obra do pintor e escultor por ser “inusual e moi experimental”

27/12/2023 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e FEUGA asinan un acordo para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de formación profesional

A través deste sistema, centros educativos e empresas quedan eximidos da xestión e do custo das altas en baixas do alumnado na Seguridade Social

26/12/2023 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a USC lanzan unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia e enriquecer o Proxecto Nós

O obxectivo é acadar as máis de 1000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

25/12/2023 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás pecha 2023 cun balance de máis de 700 eventos e actividades culturais e superando de novo a cifra do millón de visitas

A expansión da actividade vén motivada pola itinerancia dos seus contidos a outros centros culturais de Galicia e de fóra da Comunidade e por unha maior capacidade para organizar eventos institucionais, empresarias e sociais

25/12/2023 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 65 estudantes das universidades públicas galegas participan en programas de mobilidade en países extracomunitarios co apoio da Xunta

O Goberno galego incrementa nun 20% o orzamento para estas bolsas para paliar o efecto da inflación e garantir a igualdade de oportunidades

23/12/2023 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita á comunidade educativa do colexio CPI Alfonso VII de Caldas polo seu 50 aniversario e destaca o seu afán de mellora

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación participa no acto de conmemoración da efeméride

23/12/2023 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta eleva a 5 M€ o investimento en obras educativas en Vilagarcía esta lexislatura con novas actuacións no CIFP Fontecarmoa e no CEIP Arealonga

A ampliación do Centro Integrado de FP licitarase antes de fin de ano por case 3,8M€ e no 2024 a do colexio ao longo de 2024, por arredor de 635.000€

23/12/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a contratación de 15 doutorandos industriais para desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos galegos

As consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades invisten preto de 1,9 millóns de euros nesta terceira edición do programa Doutoramentos Industriais