Actualidade
Buscador de novas
O mosteiro de San Martiño Pinario acollerá ata finais de febreiro a exposición que conmemora os 55 anos da liturxia en galego
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura desta mostra impulsada por SEPT e producida por Merlín Comunicación co apoio da Xunta e do Arcebispado de Santiago
Galicia comparte con Andalucía o seu modelo de FP e innovación educativa
Coinciden na necesidade de seguir impulsando o avance das ensinanzas de FP, que se consolidaron nos últimos anos como referente de calidade
O Gaiás convida a gozar dun entroido familiar cun concerto de Brais das Hortas e un baile de disfraces
O luns de Entroido haberá unha animada tarde de troula con música, baile, animación e concurso de disfraces centrado na temática da horta
A Xunta abre o programa 'Ti elixes' para fomentar a orientación profesional libre de estereotipos de xénero e a igualdade de oportunidades
A través de distintas actividades, promóvese a coeducación e a eliminación de prexuízos na elección de ciclos de Formación Profesional con menor presenza de mulleres
A Xunta restaura pezas históricas galegas para incluílas na exposición que traerá por vez primeira a España as obras mestras do tesouro de Terra Santa
Pertencentes ao Convento de San Francisco de Santiago de Compostela, completarán a mostra internacional ‘Tesouros reais’, que traerá ao Gaiás en marzo xoias da colección histórica do Terra Sancta Museum de Xerusalén
Alumnas de 1º de Bacharelato poderán achegarse á física de partículas da man de investigadoras do IGFAE co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia
O centro mixto da Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela organiza esta ‘masterclass’ para impulsar as vocacións científicas
A Xunta recoñece o Entroido galego como Ben de Interese Cultural, a máxima protección patrimonial
O conselleiro de Cultura informa nunha reunión con representantes de varios entroidos de que o DOG publicará a vindeira semana a incoación do expediente
O encontro 'Conecta +' achégalles 22 novos proxectos audiovisuais a produtoras de España e Portugal co apoio da Xunta
O obxectivo desta xornada de ‘coworking’ é poñer en contacto a profesionais dos ámbitos da creación e da produción para propiciar a rodaxe de propostas que nestes momentos se atopan en fase de desenvolvemento
Bota a andar en Carral o centro de animación Amiga Space co apoio do Hub Audiovisual da Xunta de Galicia
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste ao evento de presentación desta iniciativa, subvencionada con 100.000 euros a través do fondo tecnolóxico para a compra de equipamentos e acondicionamento de instalacións
A Xunta abre o programa de apoio ao libro e a lectura de 2024 coas cinco primeiras convocatorias de axudas
Xa están dispoñibles no DOG as subvencións para o programa Ler conta moito, que ofrece 208 actividades e 91 artistas para as bibliotecas públicas municipais