Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

05/07/2024 | 13:24 | C. do Mar; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A colaboración das Consellerías do Mar e de Educación permite que o IES Marqués de Sargadelos imparta o vindeiro ano o 1º ciclo medio de cultivos acuícolas de Galicia

O Goberno galego dá resposta a outro obxectivos que demanda o tecido empresarial, que é contar con persoal debidamente formado e cualificado

05/07/2024 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio

O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMENT recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€

04/07/2024 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Sergas e as tres universidades galegas prorrogan os seus concertos na procura de optimizar a formación dos profesionais sanitarios galegos

O Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para posibilitar o emprego das institucións sanitarias con finalidades docentes, asistenciais e de investigación

04/07/2024 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a ampliación da Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona

O conselleiro de Educación visita o centro, no que se investirán preto de 225.000€ para construír un novo edificio anexo ao existente

04/07/2024 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
04/07/2024 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como exemplo de innovación e competitividade na industria mar-alimentaria

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o centro acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo

04/07/2024 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación por máis 1,6 M€ da primeira fase da rehabilitación do Centro Integrado de FP Manuel Antonio

O conselleiro de Educación presenta a actuación que se licita hoxe mesmo e que se prevé completar a partir de 2025 cunha reordenación e incremento de espazos

03/07/2024 | 17:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do colexio Pérez Viondi da Estrada, cun investimento de máis de 1 M€

Inclúe o cambio de cuberta do edificio principal, a mellora da accesibilidade e a renovación de fiestras do ximnasio, entre outras

03/07/2024 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Representantes do ecosistema de I+D+i de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse esta mañá en Ponte de Lima (Portugal) para identificar as áreas prioritarias

03/07/2024 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Publicada no Diario Oficial de Galicia a gratuidade da matrícula para os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores

A Xunta formaliza así o compromiso con esta medida que se aplicará desde o día 10, coincidindo coa primeira quenda de matrículas nas universidades públicas galegas