Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

28/02/2024 | 17:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a contribución de Claudio Rodríguez Fer á literatura galega contemporánea na entrega do Cunqueiriano de Honra 2024

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega da oitava edición desta distinción ao poeta, narrador e investigador lucense

28/02/2024 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’, de concienciación sobre a igualdade de xénero

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita as actividades desta iniciativa, que inclúen a proxección de curtas, coloquios e obradoiros

28/02/2024 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta levará a cabo este verán a substitución da cuberta do IES A Sardiñeira, na Coruña, cun investimento de 414.000 €

O conselleiro Román Rodríguez pon en valor o labor pedagóxico que desenvolve este instituto a través de espazos como a aula tecnolóxica ou o seu xardín botánico

28/02/2024 | 10:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Lugrís na rúa Olmos

A Consellería de Cultura prepara a incoación do expediente para declarar as pinturas como Ben de Interese Cultural logo de recibir os informes realizados polo Concello para levalo a cabo

27/02/2024 | 15:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ordes conta cun novo plató para rodaxes equipado co apoio do hub audiovisual da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita as novas instalacións de Tex45 Producións, levadas a cabo cunha subvención de case 100.000 euros

27/02/2024 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colectivo Egeria, a Xunta e a UNED poñen en marcha Lugopoética para impulsar novos talentos da man de autores consagrados

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación que tivo lugar na Delegación Territorial de Lugo

27/02/2024 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acomete a mellora dos tres centros educativos de Forcarei cun investimento de case 1,2 M€

O conselleiro de Educación en funcións e o delegado de Pontevedra visitan os colexios das Dores e de Soutelo, onde se realizaron obras por uns 800.000 euros

27/02/2024 | 14:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Raquel Camacho da Coruña e o CIFP A Carballeira de Ourense gañan o concurso escolar das letras galegas para homenaxear a Luísa Villalta

O certame, promovido pola Consellería de Cultura e Educación premia as mellores exposicións elaboradas polos centros para divulgar a figura da escritora coruñesa

27/02/2024 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
26/02/2024 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta bota a andar a décimo terceira edición do certame Lingua de namorar dirixido á xuventude

O concurso promove a creación de mensaxes de amor en galego e abrangue tres categorías de participación, unha delas exclusiva para Instagram