Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

29/04/2024 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ana Ortiz felicita ás alumnas do Val Miñor galardoadas co segundo premio Stephen Hawking polo seu estudo sobre os microplásticos na costa

A delegada territorial da Xunta animou a Ariana Antequera e Eva Leyenda a continuar coa súa labor investigadora

28/04/2024 | 17:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta organiza en Ribadavia o II Congreso Nacional da Escola Rural para reivindicar o seu papel na sociedade

Esta cita conta coa colaboración da Fundación Princesa de Girona, Mórula Asociación Educativa e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia

27/04/2024 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas do alumnado galego a través de distintas accións

Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán en Galicia e no estranxeiro

26/04/2024 | 17:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As alumnas de ‘Muxía en órbita’, do Instituto Ramón Caamaño, representarán a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

O Centro Integrado de FP Compostela acolleu a presentación de resultados dos 23 equipos participantes na fase galega de Cansat

26/04/2024 | 16:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avoga polo impulso da ciencia e a innovación tras a integración de GAIN en educación

O conselleiro preside a toma de posesión de Carmen Cotelo como nova directora da Axencia Galega de Innovación, que se compromete a aproveitar “todo o potencial de talento e coñecemento” para facer de Galicia “un referente de I+D+i”. 

26/04/2024 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A FP galega duplicará o inglés e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación en empresa

Os retrasos do Ministerio na publicación da normativa de desenvolvemento da nova lei de FP obriga á Xunta a anticiparse cunha orde para organizar o vindeiro curso

25/04/2024 | 15:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 97% do alumnado de cuarto de infantil obtén praza no centro educativo escollido como primeira opción tras a mellora das rateos

Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137 prazas ofertadas

24/04/2024 | 15:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reformará as fiestras do comedor do CEP Campolongo para mellorar a eficiencia enerxética do centro

O delegado territorial conversou co equipo directivo do centro, quen lle transmitiu a súa satisfacción pola licitación desta obra