Actualidade
Buscador de novas
Seis centros galegos lanzan a cápsula estratosférica Marumasat VI para medir a velocidade do son
O CEE de Panxón, o IES Ramón Caamaño, o IES Miraflores, o IES Marco do Camballón, o IES Arcebispo Xelmírez II e o CPI Plurilingüe O Cruce participan no lanzamento deste aparello no marco do proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA)
Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa Rede de Investigación Universitaria de Excelencia, cuxo financiamento se incrementa nun 31%
O conselleiro de Educación e Ciencia reúnese cos 13 centros, aos que o Goberno galego inxecta case 23,6M€ para blindar o seu funcionamento ata 2027
Un estudo constata que o rendemento escolar do alumnado mantense con E-Dixgal, programa que se reforzará con máis calidade, formación e seguridade
Román Rodríguez subliña a necesidade de avanzar no modelo híbrido de ensino galego onde os alumnos compaxinen as máximas competencias analóxicas e dixitais
A Xunta recoñece os 64 centros participantes no programa Erasmus+ polas súas accións de mobilidade internacional e cooperación
O conselleiro de Educación salienta a excelencia destes centros, aos que se lles garante financiamento público ata 2027
A Xunta ampliará o número de investigadores Oportunius con tres novas prazas para captar e reter talento científico
O conselleiro de Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, reúnese cos integrantes deste programa que superará por primeira vez a vintena de participantes
Martina Aneiros lembra ás familias que desde hoxe poden solicitar as axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Os interesados dispoñen ata o próximo 21 de xuño para cursar as solicitudes para as axudas de libros, bono de material e Fondo solidario
Unha trintena de docentes de toda España coñece o modelo de éxito da formación profesional galega
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, amosa aos visitantes o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense
Román Rodríguez avoga por aproveitar as oportunidades da intelixencia artificial na formación do alumnado
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o Seminario Transformación dixital e intelixencia artificial na educación, organizado pola Xunta e a Organización de Estados Iberoamericanos
Quince centros galegos participarán na primeira Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo os días 23 e 24 de maio
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participan na presentación deste evento educativo
Xunta e Universidade de Vigo ultiman as primeiras actuacións de impulso do Campus Auga de Ourense como campus especializado
O secretario xeral de Universidades e os responsables do campus avalían as accións que se formalizarán nun convenio a través do cal o Goberno galego investirá máis de 3M€