Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

15/06/2023 | 13:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas para financiar unidades formativas en empresas para unhas 1.000 persoas desempregadas durante este ano

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria anual destas achegas que perseguen a inserción laboral de persoas en situación de desemprego

14/06/2023 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Vigo o proxecto Iqual Campus, un sistema formativo especializado en igualdade de xénero laboral entre Galicia e o Norte de Portugal

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe no foro organizado pola Xunta Igualdade laboral e RSE+I: claves para a xeración de emprego transfronteirizo de calidade e contribución do proxecto Gemcat Capitaliza

14/06/2023 | 15:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana apunta á colaboración público-privada para continuar co impulso da economía social por ser un selo de identidade e calidade para Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou hoxe na clausura da asemblea da Economía Social Galega (Foroesgal) en Santiago de Compostela
 

14/06/2023 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina preto de 175.000 euros a apoiar a contratación de medio centenar de socorristas nas praias e piscinas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, avanzou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a comunicar esta mañá a resolución desta convocatoria aos Concellos beneficiarios

14/06/2023 | 10:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta premia o labor de tres cooperativas galegas da Coruña, Ferrol e Ribeira por poñer ao servizo de Galicia iniciativas de vocación social e gran utilidade

Os Premios á Cooperación 2023 nas categorías de fomento dos valores cooperativos, proxecto novo e traxectoria recaeron, respectivamente, nas sociedades cooperativas Alén (A Coruña), Enraizando (Ribeira) e Ferrolana de Profesores de Autoescuela

13/06/2023 | 13:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon en valor na oficina de emprego Coruña Centro os novos servizos da Xunta que beneficiarán a demandantes e empresas na busca de perfís axeitados

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade mantivo hoxe un encontro co persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia da oficina sita no espazo Amizar
 

13/06/2023 | 11:55 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A residencia Lug 2 da Xunta acolle un encontro internacional de mocidade arredor da innovación e o emprendemento en zonas rurais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, deulles a benvida aos máis de 60 asistentes de nove países que estes días participarán en diferentes actividades e visitarán a capital lucense, a Mariña e o Camiño Francés

 

13/06/2023 | 11:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala na Coruña que a nova Lei de igualdade suporá unha oportunidade para reter e atraer talento e para a mellora da competitividade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou hoxe na apertura da xornada Igualdade, diversidade e violencia no traballo: actualidade e futuro, onde destacou que a normativa situará a Galicia á vangarda no eido laboral
 

12/06/2023 | 15:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza na Coruña unha xornada para actualizar a resposta institucional aos novos desafíos da igualdade no eido laboral

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade reunirá na cidade herculina expertos autonómicos, do ámbito xudicial, académico, da inspección de traballo, dos sindicatos, da patronal, de colectivos profesionais e de oenegués

12/06/2023 | 13:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana presenta nas oficinas de emprego de Ferrol e Vilalba o novo sistema de intelixencia artificial, EMi, que permitirá axustar oferta e demanda de traballo

A conselleira de promoción do emprego e igualdade, maría jesús lorenzana, mantivo hoxe un encontro co persoal traballador das instalacións ferrolás do centro, emprazadas na praza Camilo José Cela, e de Vilalba, ubicadas en Pintor López Guntín