Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

06/07/2023 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva a 13 M€ o orzamento mobilizado para apoiar o emprendemento co lanzamento dunha nova liña para financiar investimentos e contratacións

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anuncia que o Consello aprobou hoxe unha nova liña para consolidar proxectos que leven como máximo tres anos e medio en activo

06/07/2023 | 11:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón ás empresas do Val Miñor as vantaxes do emprego inclusivo e pon como exemplo o programa de formación dual para persoas con discapacidade

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Nigrán na xornada Almorzo sen etiquetas, organizado polo centro especial de emprego Juan María

06/07/2023 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa as axudas para outorgar achegas de ata 30.000 euros ao emprendemento no traballo autónomo, nas pemes e na economía social

Hoxe arranca o prazo de solicitude das novas axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que contan cun orzamento de 7 millóns de euros

05/07/2023 | 15:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a acollida do Programa Piloto para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables desenvolvido en coordinación con EAPN Galicia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social par-ticipou no seminario Claves para a inclusión sociolaboral e o emprego digno das per-soas vulnerables, organizado pola Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión So-cial

04/07/2023 | 19:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas para a consolidación das asociacións de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade e da violencia de xénero

A Xunta contribuirá con 330.000 euros a atender os gastos correntes derivados do mantemento e funcionamento das entidades e a apoiar os seus programas de traballo con mulleres vítimas da violencia de xénero ou para a promoción da igualdade

04/07/2023 | 14:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por un tecido produtivo forte, dinámico e aberto ao talento das persoas con discapacidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Vilagarcía de Arousa na clausura da xornada Aportando talento á túa empresa, organizado por Inserta Emprego da Fundación Once

04/07/2023 | 13:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O paro cae por primeira vez en Galicia por debaixo das 130.000 persoas nos últimos 27 anos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, valorou hoxe os datos do paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social

03/07/2023 | 14:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda resalta a unidade do sector da construción de Galicia que a Xunta incentivará nos vindeiros meses con contratos de obra pública por máis de 130 M€

Subliña a importancia “para a economía e o tecido produtivo galego” deste sector co que é fundamental colaborar para “seguir construíndo Galicia a través da obra pública”

03/07/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración