Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lembra que se poden solicitar ata o luns 31 de xullo os case 3,5 M€ en axudas a empresas e autónomos para contratar a menores de 30 anos
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aumenta ata os 9.000 euros a contía destas achegas que buscan impulsar a incorporación ao mercado laboral de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
A Xunta informa en Pontevedra da Rede de polos de emprendemento e das axudas en activo para apoiar a actividade empresarial que suman 17,8 M€
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra nun networking organizado pola Xunta e Aje Galicia no marco dun convenio de colaboración de impulso ao emprendemento
A Xunta lembra que ata o 7 de agosto se poden solicitar os máis de 4,8 M€ de axudas Emega para o fomento do emprego feminino
O delegado da Xunta visitou hoxe en Oroso o establecemento de froitas A Horta , que recibiu unha axuda de 17.000 euros no marco destas achegas
A Xunta pon en valor o programa Emega de fomento do emprego feminino que beneficiou máis de 2.300 mulleres emprendedoras nos seus 27 anos de traxectoria
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, visitou hoxe en Fene unha mercería que recibiu 10.000 euros no marco destas achegas, que este ano contan cun orzamento superior aos 4,8 millóns e que poden solicitarse ata o 7 de agosto
A Xunta destaca o aumento nun 66% das inspeccións no eido da seguridade e saúde laboral en Pontevedra en colaboración coa Inspección de Traballo Provincial
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, constatou co director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social, Demetrio Fernández, que as inspeccións subiron case un 15% na provincia con respecto ao mesmo período de 2022
A Xunta reedita a campaña #IgualdadeFollowers nas redes sociais para axudar a que a cultura de xénero prenda de xeito efectivo entre a mocidade
Quince ‘influencers’ e personaxes con relevancia en Galicia dos sectores da cultura, o deporte, a ciencia e a comunicación participan coas súas testemuñas nesta iniciativa promovida polo Goberno autonómico e a Asociación de Periodistas de Galicia
A Xunta lanza unha campaña de concienciación fronte ás altas temperaturas nas contornas laborais
A campaña, que forma parte da programación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon o foco na necesidade de descanso, a climatización, a boa alimentación e a hidratación nos lugares de traballo
A Xunta recoñece á delegada de igualdade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Secretariado Gitano e a Executivas de Galicia coas Medallas Pardo Bazán
O Diario Oficial de Galicia publica mañá a orde que recolle a concesión destas distincións coas que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria
A Xunta e Cegasal deseñan itinerarios formativos para fomentar a empregabilidade de persoas con trastorno mental severo
O Sergas destinará preto de 100.000 euros a este proxecto inserido no Plan de Saúde Mental de Galicia que comenzará na área sanitaria da Coruña co obxectivo de estenderse a toda Galicia
Gabriel Alén insta a solicitar as axudas da Xunta para a consolidación das asociacións de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade
O delegado territorial informou que a convocatoria desta liña de axudas está aberta ata o vindeiro 4 de agosto