Actualidade
Buscador de novas
Martina Aneiros anima a incorporar a “valía, capacidade de resiliencia e superación” das persoas con discapacidade como valor engadido ás empresas
O Programa Talentos, que organiza Inserta Empleo, ten como finalidade fomentar a contratación de persoas con discapacidade a través de varios encontros con empresas nos que se dan a coñecer os beneficios fiscais e sociais de contar con persoas con diversidade funcional entre o seu persoal
A Xunta inaugura en Friol o polo de emprendemento Lugo Comarca e anuncia un novo para Sarria
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, destacou que, con estes dous recursos, a provincia disporá dunha rede de 5 polos para dinamizar a súa economía e asentar poboación aproveitando o seu potencial emprendedor
A Xunta financia con 500.000€ o obradoiro Terras da montaña IV que permitiu a formación e o acceso a un emprego de 20 persoas sen traballo
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na clausura desta iniciativa que o Goberno galego desenvolveu en colaboración cos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar
A Xunta amplía ata o 3 de novembro o prazo para solicitar as axudas de impulso á formación de curta duración dirixida a persoas traballadoras
O DOG publicará a vindeira semana a ampliación do prazo para que microempresas, pequenas empresas, entidades do terceiro sector da acción social e profesionais autónomos poidan pedir estes apoios para formar a persoas ocupadas por conta allea
Política Social fomenta a inserción laboral das persoas con síndrome de Down
O Goberno galego asinou un convenio de colaboración con Down Galicia para promover prácticas formativas dirixidas a 22 persoas con síndrome de Down
A Xunta destaca a importancia dos fondos europeos para facer de Galicia unha comunidade máis social e inclusiva
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantiveron un encontro co Comisario de Emprego e Dereitos Sociais da UE, Nicolas Schmit
A Xunta garante o seu compromiso co benestar integral da muller e coa eliminación do teito de cristal
A secretaria xeral de Igualdade puxo en valor na Cada de Galicia en Madrid a nova Lei de Igualdade na presentación hoxe do directorio de profesionais Referentes galegas, elaborado por Executivas de Galicia
A Xunta publica a convocatoria de axudas por máis de 745.000 euros para que entidades sociais apoien e asesoren a mulleres vulnerables
O Goberno galego financia estes apoios con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a Galicia