Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

27/10/2023 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo despide dúas novas promocións dos obradoiros de Celanova e Bande que se formaron en albanelería, atención a dependentes e conservación de montes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou os obradoiros duais ‘Terra de benestar’ e ‘O noso camiño’ que implicaron a once concellos da provincia de Ourense

27/10/2023 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as máis de 160 persoas asesoradas no polo de emprendemento de Ferrol para dinamizar e fixar poboación na contorna cos seus proxectos

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe nun acto organizado por este Polo para orientar ás persoas participantes de cara ao liderado das súas iniciativas empresariais

27/10/2023 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas á conciliación, transporte, manutención e aloxamento para facilitar a asistencia a cursos para unhas 16.100 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases para acceder a estas bolsas, que crecen na convocatoria 2023-2024 nun 9% (+ 800.000 €), ata chegar aos 9,3 millóns de euros, para facilitar a participación de persoas sen emprego nas formacións
 

26/10/2023 | 15:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria
26/10/2023 | 14:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo debulla en San Sebastián as medidas da Xunta que confirman que o emprego é a mellor contribución á política social

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe no Congreso estatal das empresas de inserción, no marco dunha mesa redonda sobre a contratación reservada como ferramenta de impulso do emprego inclusivo

26/10/2023 | 12:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a desenvolver en 2024 o programa Retorna Cualifica Emprego para atraer talento galego do exterior e cubrir vacantes nas empresas

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, puxo en valor o programa nunha xornada organizada pola patronal do metal, Asime, e a Fundación Nortempo en Vigo

26/10/2023 | 12:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fai un chamamento aos escolares de Cerdedo-Cotobade para que rachen cos estereotipos á hora de escoller unha profesión

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunha charla no IES de Cotobade no marco da campaña ‘Ti elixes’, en colaboración coa Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeiras de Galicia (Fearmaga)

25/10/2023 | 15:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén aberto o prazo para que 200 pemes participen no programa “responsabilízate” que as prepara para enfrontar os retos sociais e ambientais

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou no XII Congreso de corredores e corredurías onde referendou o traballo da Xunta para acadar empresas máis competitivas e responsables co benestar laboral e a diversidade

25/10/2023 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta elabora Unha caixa de ferramentas con catro guías para facilitar o traballo das mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, presidiu hoxe unha xornada de traballo en Santiago de Compostela sobre estas mesas interinstitucionais na que se deu a coñecer este novo recurso de información contra a violencia machista

25/10/2023 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo exporá no Congreso estatal de empresas de inserción en San Sebastián as boas prácticas de Galicia no apoio ao emprego inclusivo e á economía social

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participará neste evento no que San Sebastián toma o relevo de Santiago de Compostela como capital anual da economía social