Actualidade
Buscador de novas
Os centros especiais de emprego poden anotarse desde o xoves ao programa de formación dual dirixido á inserción laboral de 100 persoas con discapacidade
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria desta iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que duplica o seu investimento ata os 6 millóns de euros
A Xunta convoca axudas para que entidades empresariais e sindicais promovan a prevención de riscos laborais no tecido produtivo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a liña de axudas dotada con máis de 600.000 euros para financiar accións de formación, información e asistencia técnica
Rueda destaca o impulso da Xunta á consolidación da Rede de polos de emprendemento e pon en valor a súa contribución a unha Galicia potente
Salienta o compromiso do Goberno galego co emprendemento, como se reflicte nos 30,6 M€ que se lle destinan nos Orzamentos de 2024 ou a ‘cota cero’ para o primeiro ano de actividade como autónomo
Dozón, Agolada e Rodeiro clausuran o obradoiro de emprego da Xunta con alumnos xa empregados
Estes cursos contan cun investimento de máis de medio millón de euros e combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas
A Xunta pon en valor o programa Retorna Cualifica Emprego para atraer talento galego no exterior para atender vacantes non cubertas en Galicia
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou o Foro Retorna Emprego da Asociación galega de empresa familiar (AGEF) onde lembrou que a iniciativa xa conta con medio millar de ofertas de emprego
Rivo avoga por unhas relacións laborais sólidas e estables para avanzar e acadar unha igualdade real entre mulleres e homes
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o XXIII Congreso da Asociación Nacional de Laboralistas (Asnala) no que defendeu un mercado de traballo en igualdade, sen etiquetas
A Xunta pon en valor a colaboración con Acougo por preto de 112.000 € para impulsar a conciliación e a corresponsabilidade no seo das familias acolledoras
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou esta mañá na Cidade da Cultura nunha xornada de sensibilización organizada pola Asociación galega de familias de acollida no marco deste convenio
Rivo pon en valor ante empresarios de Ourense as posibilidades que ofrece o programa Retorna Cualifica Emprego para cubrir as súas vacantes laborais
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nun foro sobre este programa da Estratexia Galicia Retorna organizado pola Confederación Empresarial de Ourense e pola Fundación Nortempo