Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

03/11/2023 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia rexistra o número máis baixo de desempregados nun mes de outubro en 27 anos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, valorou os datos do paro rexistrado coñecidos hoxe, que evidencian un descenso no desemprego respecto de hai un ano nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores
 

02/11/2023 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o obradoiro de emprego Eo-Navia, que formou a 20 persoas en actividades agroforestais

Contou cun investimento de 504.000 euros e os participantes traballaron aplicando tratamentos silvícolas en camiños da Pontenova, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz

02/11/2023 | 14:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Universidade da Coruña colaborarán no fomento do espírito emprendedor no ámbito académico grazas a un novo convenio dotado con 20.000 euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron hoxe un convenio para formar o alumnado e promover iniciativas empresariais
 

02/11/2023 | 14:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Xantar a importancia da investigación para a continua mellora do sector vitícola, tal e como recolle a futura Lei da calidade alimentaria

Así o fixo o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na presentación das V Xornadas de viticultura da Sociedade Española das Ciencias Hortícolas (SECH), que levan por título: “A viticultura ante o reto da sostenibilidade”

02/11/2023 | 12:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financiará 283 cursos formativos para persoas desempregadas na área de Vigo tras elevar o investimento ata os 13,2 M€

Ana Ortiz visitou este xoves a empresa Formavigo na que xa se levan a cabo cursos de soldadura orientados ao sector do naval

02/11/2023 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aposta da firma Gama e Hijos, beneficiaria do programa autonómico Responsabilízate na xestión da calidade e a seguridade do seu persoal

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe en Pontecesures esta firma dedicada á produción e montaxe de estruturas metálicas e caldeiraría
 

02/11/2023 | 11:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén destaca aos obradoiros de emprego como ferramentas para promover a inserción laboral

O delegado territorial detallou que este programa, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 509.987 €, formou 20 alumnos – traballadores nos módulos de Actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes (10) e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (10)

31/10/2023 | 18:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As contas de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024 amosan o compromiso da Xunta co futuro das familias, dos sectores máis vulnerables e coa equidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presentou os orzamentos do departamento que crecen un 2,4% ata superar os 500 millóns de euros

31/10/2023 | 12:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a avogar en 2024 pola igualdade de oportunidades no eido laboral e pola feminización de sectores con ampla presenza de homes

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunha xornada na Confederación de Empresarios da Coruña onde cifrou en máis de 5 M€ os apoios para que axentes sociais e empresariais impulsen en 2024 medidas de igualdade laboral