Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

17/11/2023 | 14:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta defende a negociación colectiva para construír un tecido laboral robusto e preparado para os retos de futuro

O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, clausurou o XIX Encontro galego das Relacións Laborais organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais

17/11/2023 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 300 universitarios recibirán formación da Xunta de Galicia en materia de sustentabilidade e responsabilidade social empresarial

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou no Campus de Lugo a xornada ‘Introdución á RSE para o estudantado universitario’

16/11/2023 | 17:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor en Bruxelas as políticas da Xunta para apoiar á cidadanía ante a nova era dixital e salienta os avances de emprego co uso da intelixencia artificial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, rematou hoxe a súa viaxe a Bruxelas coa súa intervención na mesa sobre dixitalización e o futuro do traballo no marco do European Employment & Social Rights Forum 2023

16/11/2023 | 15:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta busca no Uruguai novas alianzas comerciais para seguir a potenciar a internacionalización do tecido empresarial galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Montevideo nunha viaxe institucional que inclúe diversos encontros con empresarios, asociacións e administración pública do país

16/11/2023 | 12:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta que a nova Estratexia de Seguridade e Saúde laboral de Galicia abordará a prevención de riscos nas novas formas de traballo

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Vigo na apertura do 7º Congreso de Prevención e Seguridade Industrial 4.0- A intelixencia artificial

15/11/2023 | 18:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva en 2024 ata os 6 M€ as axudas a entidades locais para promover programas de conciliación e de corresponsabilidade

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, visitou hoxe o Programa municipal de conciliación familiar e apoio á educación do concello de Outeiro de Rei, que recibiu unha achega do Goberno galego de preto de 75.000 euros para beneficiar 134 familias

15/11/2023 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 217.000 euros no programa integrado de emprego de Ferrol que mellorou a formación e o acceso laboral a un centenar de persoas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na xornada de clausura onde destacou a porcentaxe de inserción laboral lograda pola iniciativa, case un 65%

15/11/2023 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Bruxelas o seu modelo de formación para o emprego co obxectivo de dar unha resposta áxil e eficaz ás demandas do mercado laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, comezou hoxe a súa viaxe a Bruxelas cunha intensa axenda de reunións
 

15/11/2023 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 10 M€ na formación de persoas desempregadas na área territorial de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou un dos 14 cursos AFD para desempregados que se levarán a cabo en Ponte Caldelas

A Xunta financia este ano 228 accións formativas na área territorial de Pontevedra que beneficiarán a máis de 3.400 alumnos