Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.280 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

23/11/2023 | 16:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ofrece na Universidade da Coruña unha nova xornada de formación sobre sustentabilidade e responsabilidade social empresarial

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na iniciativa que se desenvolveu baixo o título ‘Sustentabilidade e impacto. Unha aproximación práctica á RSC’

23/11/2023 | 16:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por reter e atraer talentos diversos a través do Plan de formación para o emprego que crece en 2024 ata os 117 millóns de euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na inauguración do 23º Congreso internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo

23/11/2023 | 13:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta analiza desde o polo de emprendemento de Monforte de Lemos as posibilidades de negocio do enoturismo na Ribeira Sacra

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou nunha xornada de intercambio de experiencias en Sober con representantes de adegas da Ribeira Sacra
 

22/11/2023 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego no acto de entrega do XXIV premio Emprende Coruña

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, salientou que xa hai once centros activos en Galicia e que en breve se porán en marcha catro máis para cubrir o cen por cento do territorio

Destacou tamén que o ano que vén se triplicará a contía do convenio con AJE Galicia -organizadores do premio que hoxe se entrega- para colaborar no pulo ao emprendemento no conxunto da Comunidade
 

22/11/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede axudas do programa de emprendemento feminino por 360.000€ a 25 proxectos empresariais impulsados por mulleres na comarca do Salnés

O delegado territorial en Pontevedra, Agustín Reguera, informou desta resolución de achegas nunha visita á tenda Tetereta de Vilagarcía de Arousa, que recibirá unha achega de 16.000€

22/11/2023 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 1.530.672 euros para formar a 800 persoas desempregadas a través de 8 programas integrados de emprego na provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que en cada un dos PIE tomarán parte 100 persoas desempregadas; polo menos o 35% serán inseridas no mercado laboral durante a duración do proxecto, ben por conta allea, por conta propia, ou como socios/as traballadores/as dunha cooperativa ou sociedade laboral por un tempo non menor de seis meses

22/11/2023 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva a Monforte de Lemos a campaña ‘Ti elixes’ coa que promove a prensenza feminina en sectores masculinizados e busca rachar cos estereotipos

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron hoxe nunha charla con escolares do IES A Pinguela

22/11/2023 | 13:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon o foco no rexeitamento da violencia de xénero cunha axenda de actividades que rematará nunha andaina á que invita a toda a sociedade galega

A XI andaina ‘Camiño ao Respecto’ celebrarase virtual e presencialmente e conta xa con case 5.000 persoas inscritas en ambas as dúas modalidades

22/11/2023 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo en Ortigueira que a nova Lei de igualdade impulsará a loita contra a violencia de xénero e contra calquera tipo de discriminación

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, onde destacou que en 2024 se elevará ata os 23,5 M€ o orzamento para a loita contra esta lacra