Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na presentación do proxecto Es-Factory para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal
A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado
O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico
A Xunta potenciará as oficinas de emprego e os orientadores para seguir avanzando na dinamización dun mercado laboral que amosa datos históricos
O titular de Emprego salientou que Galicia, coa menor cifra de desempregados desde que hai rexistros, lidera a nivel autonómico a caída do desemprego e ademais presenta a mellor cifra de afiliacións nun mes de xuño dos últimos 19 anos
Rueda convida ás empresas a apostar por Galicia como polo de talento e innovación e aposta por superar o reto demográfico a través dun emprego de calidade
Agradece o compromiso de SDG con Galicia, destacando que o 10 % dos traballadores son galegos retornados
A Xunta aposta por abordar cuestións como o absentismo laboral ou a escaseza de man de obra no marco do diálogo social
O titular de Emprego fixo fincapé na importancia da colaboración público-privada para enfrontar desafíos estructurais e que demandan actuacións coordinadas para seguir favorecendo a competitividade das empresas galegas e o emprego de calidade
Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable