Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.280 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

27/11/2023 | 16:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 531.000 euros nun novo obradoiro dual en Gondomar para formar a 20 persoas desempregadas

A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á apertura este luns no salón de plenos gondomareño do curso “Coidando o Miñor III”

27/11/2023 | 15:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Estado fixan os obxectivos do Plan de Inspección de Traballo en Galicia en 2024 que prevé un reforzo no control da prevención de riscos laborais nas empresas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na Comisión Operativa da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia que tivo lugar en Santiago de Compostela

27/11/2023 | 13:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva a 12 o número de Polos de emprendemento en Galicia coa inauguración do Centro do Porriño, que ten asesorado xa a medio cento de persoas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación, destacando que o conxunto da Rede -que acadará os 15 centros ao remate do ano- atendeu ata agora arredor de 900 persoas emprendedoras

27/11/2023 | 12:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía con 5,4 M€ máis o crédito de axudas deste ano ao emprendemento e ao emprego autónomo para atender o maior número de solicitudes posibles

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas ampliacións de orzamento: 1,5 millóns máis para os apoios ao emprendemento para financiar investimentos de novos proxectos empresariais; e 3,9 millóns máis para o programa Impacto Autónomo

26/11/2023 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A andaina ‘Camiño ao respecto’ reúne milleiros de persoas en Santiago e de xeito virtual para amosar a unidade de Galicia fronte a violencia contra a muller

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participaron xunto con membros do Goberno galego na XI edición desta iniciativa

25/11/2023 | 15:11 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca a importancia de involucrar a toda a sociedade para converter Galicia nunha terra libre de violencias machistas

Alerta de que a violencia cara á muller “ten moitas caras” e demanda “tolerancia cero” e “a denuncia permanente” deste tipo de actitudes

24/11/2023 | 22:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Pontevedra a colaboración con AJE Galicia para darlle un pulo ao emprendemento

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Marín no acto de entrega do XXVI ‘Premio Xove Empresarix do ano’, organizado por AJE Pontevedra