Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.280 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

13/12/2023 | 15:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as preto de 350 mulleres formadas nas sete edicións do programa Medrando Xuntas para reforzar o papel feminino na economía social de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participaron no ‘I Encontro: Mulleres de Medrando Xuntas’

13/12/2023 | 14:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor os 6 M€ que se destinarán aos concellos galegos en 2024 para fomentar a conciliación e a corresponsabilidade

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, presidiu hoxe en Santiago de Compostela a xuntanza da Comisión de Corresponsabilidade, repartimento do traballo doméstico e de coidados do Consello Galego das Mulleres

13/12/2023 | 12:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta remite o Protocolo contra as violencias no ocio nocturno aos observatorios LGTBIQ+ e da violencia de xénero para que fagan as últimas aportacións

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a culminar o documento co que quere combater as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de lecer nocturno, coa idea de que estea a dispor dos establecementos antes de rematar o ano

13/12/2023 | 10:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a indemnizar con 7.000 € ás orfas e orfos das vítimas mortais por violencia de xénero e ás mulleres gravemente feridas nas agresións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova convocatoria das axudas económicas para este colectivo ás que se destinarán 70.000 euros que serán ampliables, de ser necesario chegar a máis persoas beneficiarias

12/12/2023 | 15:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo avanza que Galicia conta co marco apropiado para dispor de contornas laborais seguras e saudables para facer fronte ós riscos emerxentes

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou en Lugo as XXVI Xornadas da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais

12/12/2023 | 15:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conclúe o 5º Plan de Formación dos Centros de Información á Muller con máis de mil prazas ofertadas en cinco cursos sobre violencia de xénero e igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, clausurou hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a última xornada do programa formativo dirixido ao persoal dos Centros de Información á Muller, casas de acollida e de oficinas xudiciais

12/12/2023 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo presenta o IV programa Responsabilízate da Xunta para sumar empresas responsables e contribuír ao progreso de Galicia polo camiño da sustentabilidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na clausura de presentación desta iniciativa coa que a Xunta apoia ás pemes a implantar a Responsabilidade Social Empresarial na súa xestión

12/12/2023 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anuncia a acreditación de especialización do Campus Auga de Ourense

Avaliadores externos emiten informe favorable a este recoñecemento