Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.280 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

15/12/2023 | 15:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Galicia Camiño Emprendedor que impulsa a Xunta remata coa participación de 80 persoas

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na última etapa desta iniciativa que promove o mentoring combinado co reto de realizar os percorridos do Camiño

15/12/2023 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento de Galicia e sinala a importancia de conferirlles o espazo que se merecen

A secretaria xeral da Igualdade Sandra Vázquez, participou hoxe na clausura da exposición itinerante ‘Mulleres, símbolo do rural’, na sede da Valedora do Pobo

15/12/2023 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo que as mulleres emprendedoras supoñen máis da metade das persoas atendidas no Polo de Mondoñedo

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou nunha xornada na que dúas mulleres expuxeron os seus proxectos consolidados no rural, no marco dos máis de 40 atendidos no Polo de Mondoñedo

15/12/2023 | 11:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta traballa na sensibilización da mocidade contra a violencia sexual a través da campaña Agresión Off que hoxe chega ao IES de Curtis

O Goberno galego está a desenvolver a campaña ‘Agresión Off’ dirixida a formar e informar contra a violencia sexual nunha vintena de concellos pertencentes á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero

15/12/2023 | 10:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva ata os 5,5 M€ as axudas para impulsar o emprego nas cooperativas e sociedades laborais galegas co obxectivo de chegar a case 600 beneficiarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se incrementa o orzamento da convocatoria deste ano en 1,2 millóns de euros -un 28% de aumento-, que permitirán acceder ás axudas a case 200 solicitantes máis

14/12/2023 | 18:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove conversas sobre empendemento feminino no Polo de Friol no que un 70% dos participantes son mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, asistiron hoxe á actividade para fomentar a creación de redes de contactos entre mulleres emprendedoras

14/12/2023 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede máis de 200.000 € en axudas a 18 proxectos empresariais liderados por mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria de emprendemento feminino durante unha visita a unha das beneficiarias deste plan autonómico

13/12/2023 | 20:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra en Pontevedra a xornada Emprego sen etiquetas para impulsar a presenza feminina en sectores masculinizados

A secretaria xeral da Igualdade e a directora xeral de Relacións Laborais participaron no acto que tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (Aempe)