Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.279 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

18/12/2023 | 18:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca que a Rede de Polos de emprendemento con máis de 900 emprendedores atendidos está a resultar esencial para favorecer a economía local

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración do centro municipal de emprendemento do Concello de Ponteareas

18/12/2023 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta recibe a representantes das traballadoras da limpeza en folga no marco do papel mediador que desenvolve no conflito

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, defenderon a implicación do Goberno galego para intentar achegar posturas

18/12/2023 | 12:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida a colaboración coa Fundación Laboral da Construción que culmina o 2023 con máis de 2.000 participantes en case 150 accións formativas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou en Vilamarín a mesa Retos da formación para o emprego: falando co sector da construción, que puxo o peche a unha serie de encontros con distintos eidos económicos

18/12/2023 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O plan autonómico para formar persoas ocupadas chegará a máis de 20.700 traballadores e contará cun orzamento de case 9,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do investimento desta orde coa que a Xunta quere mellorar a formación demandada para os profesionais

17/12/2023 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra a semana que vén o 5º encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu este ano máis de 4,8 M€ entre 362 iniciativas

Terá lugar o próximo venres 22 de decembro na Escola Galega de Administración Pública, onde ademais de formación -presencial e telemática- haberá espazo para que as emprendedoras compartan experiencias e para que mostren os seus produtos

16/12/2023 | 10:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima ás mulleres galegas a inscribirse no programa ‘Lideramos’ para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

Ata 120 mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e en clases maxistrais en liña, así como en sesións de networking e formación presencial atendendo ao fortalecemento de perfís ou ás competencias brandas

15/12/2023 | 15:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Galicia Camiño Emprendedor que impulsa a Xunta remata coa participación de 80 persoas

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na última etapa desta iniciativa que promove o mentoring combinado co reto de realizar os percorridos do Camiño