Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

07/03/2024 | 10:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as actuacións de prevención de riscos laborais con enfoque de xénero co gallo do 8-M, Día da Muller

No marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia Horizonte 2027, avógase pola diversidade na prevención para garantir a igualdade de oportunidades e a protección independentemente do xénero ou das características persoais

06/03/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca na V Semana Universitaria da Economía Social da USC a aposta da Xunta por un modelo que xera riqueza no territorio e crea emprego inclusivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, sinalou que a 2ª Estratexia da economía social ten accións a desenvolver deica 2027 aspirando a profesionalizar a economía social e a xerar 4.000 empregos e 400 novas entidades

06/03/2024 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa no acto da Universidade de Santiago de Compostela co gallo do 8-M, Día da Muller

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, puxo de relevo que a USC forme parte da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria e que o acto de hoxe se centrase nunha cuestión prioritaria como a saúde mental

06/03/2024 | 12:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dá conta na mesa do emprego autónomo dos 86 M€ convocados este ano para apoiar o inicio de actividade por conta propia e o emprendemento

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou nunha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo, que contou coa representación das entidades APE Galicia, ATA e UPTA-Agtamar

05/03/2024 | 19:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta louva o labor en rede para avanzar nos dereitos da muller no acto do 8-M organizado pola Asociación de Amas de Casa da Coruña

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, referendou o compromiso da Xunta de Galicia por unha sociedade xusta e inclusiva e destacou a traxectoria da Asociación de Amas de Casa, con case setenta anos de historia traballando pola igualdade  

05/03/2024 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre un novo polo de emprendemento en Baños de Molgas para continuar coa dinamización do rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, inaugurou hoxe o novo centro que supón o cuarto para a provincia de Ourense xunto co de Verín, O Carballiño e O Barco de Valdeorras

05/03/2024 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora coa Fundación Santa María la Real na posta en marcha dun proxecto para mellorar as oportunidades de emprego de 200 persoas vulnerables

O secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, presentou a iniciativa ‘Hubs de activación para o emprego’ que se desenvolverá este ano no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago

05/03/2024 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A primeira etapa do programa Galicia Camiño Emprendedor de impulso á consolidación de empresas remata hoxe en Pontevedra

Trátase dunha iniciativa autonómica coa que se facilita a xeración de contactos e promocionar Galicia e o Camiño de Santiago