Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

25/03/2024 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo salienta a importancia do Polo de Coristanco para xerar emprendemento e fixar poboación no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou a oficina coa que se está a impulsar o emprendemento na comarca e a súa contorna

24/03/2024 | 11:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Últimos días para que persoas desempregadas soliciten participar nunha nova lanzadeira de emprego na Coruña e orientar de xeito gratuíto a súa demanda

‘Lanzadeira de emprego nómada’ é un programa en liña que se pon en marcha na Coruña o próximo abril e ten o prazo de solicitude vixente ata o 29 de marzo

23/03/2024 | 22:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor as persoas e entidades galardoadas cos Premios Mulleres Femupo 2024 polo seu labor a prol da igualdade na provincia de Pontevedra

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos catro galardóns que concedeu a Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra polo seu labor en distintos ámbitos

22/03/2024 | 12:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a formación como chave para o acceso ao emprego no peche na Laracha dunha acción que formou 15 persoas desempregadas en atención a dependentes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións participou na entrega de diplomas desta iniciativa que ofreceu 468 horas de formación

22/03/2024 | 11:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta que ou 62 % dous 160 proxectos atendidos non Polo de emprendemento do Porriño están impulsados por mulleres

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento ‘Xestión financeira para persoas emprendedoras’ organizado desde o Polo porriñés

21/03/2024 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Federacións de Mulleres Rurais de Galicia asinan os convenios para facilitar a acreditación da experiencia laboral no coidado de menores de 16 anos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, firmou hoxe os documentos de colaboración con Femuro, Fademur, Femupo e Afammer Lugo, unha actuación á que se destinan 400.000 euros 

21/03/2024 | 13:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster

21/03/2024 | 13:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aberto ata o 29 de marzo o prazo de inscrición para que persoas desempregadas participen en Santiago de Compostela nun programa de activación laboral

A Xunta colabora coa Fundación Santa María La Real na posta en marcha dun proxecto para mellorar as oportunidades de emprego de 200 persoas vulnerables en Galicia

20/03/2024 | 18:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que está aberto o prazo para presentar candidaturas aos premios Eduemprende a prol do espírito emprendedor entre o alumnado

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na Coruña na entrega da XVI edición dos ‘Premios Formación para emprender’ organizados polo Concello herculino

20/03/2024 | 18:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoiou a formación para o emprego de máis de 94.000 persoas nos dous últimos anos cun investimento que superou os 223 millóns de euros

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, interveu hoxe en Oleiros na inauguración da Feira de Emprego Young Talent