Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

10/04/2024 | 13:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas para a consolidación das asociacións de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade e da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, informou nunha visita que fixo a Acadar da nova orde que saíu hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG)

09/04/2024 | 13:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo visita o Galicia Fórum Gastronómico para pór en valor a calidade dos produtos e servizos da economía social da comunidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, percorreu o recinto feiral no que diferentes departamentos da Xunta contan con expositores para dar a coñecer a excelencia da gastronomía galega e o bo facer dos produtores

09/04/2024 | 10:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste medio millón de euros para apoiar o inicio da actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria destes apoios que inclúen achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia 

08/04/2024 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o remate de novas formacións en Ourense en colaboración con Cáritas no marco do proxecto pioneiro de arraigamento para persoas migrantes en situación irregular

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos diplomas acreditativos, onde se puxo de relevo que a meirande parte das persoas participantes xa están traballando ou con proposta para facelo

07/04/2024 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma o persoal técnico dos Polos de emprendemento e as empresas asesoradas na rede en Responsabilidade Social Empresarial

Esta semana tivo lugar unha primeira xornada informativa para que os técnicos poidan promover que os negocios que atenden se desenvolvan tendo en conta de xeito equilibrado ás variables económicas, ambientais, sociais e de bo goberno

05/04/2024 | 14:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A colaboración da Xunta co clúster do naval permitiu en dous anos a formación de 1.195 persoas cun investimento de máis de 510.000€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe Galventus Servizos Eólicos en Cambados, onde se están a impartir cursos de formación para traballar na reparación e mantemento de pas eólicas

03/04/2024 | 21:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon de relevo os múltiples apoios da Xunta para impulsar o emprendemento e o emprego co gallo de afianzar o crecemento económico de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no encontro que mantivo esta tarde en Santiago o presidente da patronal española, Antonio Garamendi, co Consello Asesor e organizacións Integradas na patronal galega    

03/04/2024 | 11:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo fai fincapé en que a Xunta está vixiante para garantir o cumprimento da prevención de riscos laborais en Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, protagoniza un vídeo que se vén de difundir nas redes sociais para concienciar ás empresas galegas da necesidade de garantir a seguridade e saúde no traballo