Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para previr caídas de altura pola instalación de paneis solares en cubertas
A Xunta apoia con preto de 355.000 € a contratación de persoas desempregadas en 16 concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural dirixido a que concellos rurais contraten a persoas demandantes de emprego para a realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios
A Xunta reivindícase como administración facilitadora do emprego con políticas de apoio, acompañamento e retorno para o traballo por conta propia e allea
José González comprometeuse á “escoita activa” e a reforzar a colaboración público-privada e convocará en datas próximas os foros do diálogo social, da economía social e do comercio para avanzar na resposta da Administración aos retos económicos
A Xunta destaca na Universidade da Coruña a súa aposta pola economía social como modelo solidario que xera riqueza e emprego pegados ao territorio
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na charla ‘A economía social como impulso do emprendemento’ para dar a coñecer esta fórmula entre o alumnado da UDC
A Xunta impulsa o emprego rural mediante o apoio á contratación de máis de 400 persoas desempregadas nos concellos galegos
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a notificar a resolución da orde Aprol Rural á que se destinan este ano sete millóns de euros para dinamizar o emprego de proximidade e mellorar as oportunidades de persoas desocupadas
Rueda viaxará a Arxentina para apoiar ás empresas pesqueiras galegas e visitar á colectividade no país
Esta será a primeira viaxe ao estranxeiro como titular do Goberno galego nesta lexislatura
A Xunta organiza unha xornada técnica sobre benestar laboral no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora o próximo 28 de abril
A Xunta salienta a importancia do programa Galicia Camiño Emprendedor para dar un pulo a negocios de hostalaría e aloxamento vencellados á ruta Xacobea
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, percorreu hoxe a segunda etapa da iniciativa autonómica de apoio aos autónomos, que discorreu entre Fisterra e Muxía
A Xunta pon de relevo que o 57 % dos proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Coristanco están impulsados por mulleres
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento ‘Muller rural emprendedora, desafíos e oportunidades’ celebrado en Santa Comba e organizado desde este Polo coruñés