Actualidade
Buscador de novas
A Xunta celebra o éxito da V edición do Bono Activa Comercio que se saldou con preto de 300.000 descargas para obter descontos por valor de 2,5 millóns
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe en Chantada dous dos 6.850 comercios galegos -case un milleiro na provincia de Lugo- que ofreceron descontos
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia
Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica
Rueda destaca no inicio da súa viaxe por Arxentina o obxectivo de reforzar as relacións institucionais, económicas e culturais con este país
Comeza a visita cun encontro con representantes da colectividade para trasladar as medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar o retorno dos galegos do exterior
O Mapa do emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores na comunidade
Martina Aneiros anima aos particulares a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios de proximidade
Esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que alcanza a quinta edición, está dotada de 2,5 M€ e prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas
A Xunta presenta en Lugo pola súa relevancia no sector forestal unha nova campaña para garantir a seguridade nos aproveitamentos en zonas perigosas
González agradeceu a implicación das asociacións e empresas representativas deste eido económico á hora de previr os riscos laborais das persoas traballadoras para asegurar a súa competitividade e que siga servindo de panca impulsora do medio rural
Marta Mariño toma posesión como nova directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de máis riqueza e mellor emprego e de dinamización da nosa economía
A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto de 300.000 descargados por particulares nos catro primeiros días
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno galego
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inicia un proceso de escoita activa coa patronal e os sindicatos para dar solucións aos novos retos
Están previstas nos vindeiros días xuntanzas con cada un dos representantes dos sindicatos de UXT, CCOO e CIG co obxectivo de seguir matendo un posicionamento de escoita activa cos axentes sociais e económicos para acertar no deseño das medidas
A Xunta inviste case 3,7 millóns de euros en máis de 85 cursos de acción formativa para desempregados na área de influencia de Pontevedra
O delegado territorial visitou o curso de soldadura que se está a levar a cabo en Bueu