Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo anima ás entidades e centros de formación da Coruña a solicitar as axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas
Este programa, que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado, vén de reforzarse cun 8,5% máis de investimento, ata chegar aos 76 millóns de euros
A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia
Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros
A Xunta avanza na erradicación de calquera tipo de discriminación no eido laboral por razóns de sexo, xénero, identidade ou orientación sexual
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reuníronse hoxe coas persoas representantes do grupo de traballo LGBTI
A Xunta concederá axudas de ata 26.250 euros por cada muller contratada con carácter indefinido en sectores masculinizados
O DOG publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración incluída nos compromisos para os primeiros 100 días de lexislatura do presidente Rueda que contribuirá á suba da taxa de ocupación feminina en áreas onde predominan os homes
A Xunta pon en valor a excelente execución dos fondos de formación para o emprego desenvolvida en Galicia e que permitirá recibir 7 millóns de euros adicionais
O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Formación Profesional para persoas traballadoras
Miranda destaca o compromiso da Xunta por preservar e difundir a rica historia da emigración galega na presentación dos novos "Clásicos da emigración" no Consello da Cultura Galega
Rodríguez Miranda enfatizou a importancia de conservar e estudar a memoria histórica da emigración para comprender o seu impacto na identidade e a cultura galega contemporánea.
José González destaca o papel da Fundación Laboral da Construción na formación e impulso á cobertura de vacantes no tecido económico galego
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede galega desta entidade, onde remarcou a aposta da Xunta polas microformacións para atender ás necesidades das empresas galegas e favorecer a súa competitividade
A Xunta continúa reforzando os vencellos sociais e culturais coa mocidade galega do exterior
Conecta con Galicia é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, destinada a facilitarlle á mocidade galega do exterior o contacto coas súas raíces