Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

19/06/2024 | 10:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela crean o Laboratorio de Riscos Psicosociais para avanzar no benestar laboral

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o reitor da USC asinaron un protocolo de actuación para a posta en marcha deste espazo que ten como fin mellorar a saúde psicosocial das persoas traballadoras nas empresas galegas

18/06/2024 | 14:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Aje Ferrol impulsan o emprendemento cunha xornada para intercambiar experiencias e explorar novas posibilidades de negocio na contorna

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe o foro ‘Transformando ideas en realidades: a experiencia emprendedora de Luis G. Rey’ organizado por AJE Ferrol co apoio do Goberno galego

18/06/2024 | 14:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que ata o día 24 se poden solicitar as axudas que con 2,25 M€ buscan impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos

O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, participou este mediodía na presentación da campaña ‘Eu merco nas Travesas‘ do Centro Comercial Aberto As Travesas (Aetravi) 

18/06/2024 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo visita o centro ocupacional Pascual Veiga e reitera o apoio da Xunta para garantir a integración laboral das persoas con discapacidade

A asociación conta con 22 prazas concertadas que son homes e mulleres adultos, maiores de 18 anos, que precisan apoio e recursos humanos e materiais específicos para conseguir o seu desenvolvemento persoal, social e laboral

18/06/2024 | 13:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aposta da X ‘Maker Faire Galicia’ polo emprendemento e pola innovación

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participaron hoxe na presentación do evento en Santiago de Compostela

18/06/2024 | 11:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon o foco no impulso e apoio ao emprego innovador a través do cooperativismo en Galicia

José González, quen estivo acompañado na visita do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou que apostar polo emprego innovador na economía social é avogar pola economía do futuro

18/06/2024 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xabier Díaz e De Vacas encabezan a programación musical do Corazón da Artesanía de Agolada

O XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebra nos Pendellos de Agolada do 5 ao 7 de xullo contará tamén coas actuacións de Comando Curuxás, O Sonoro Maxín, Bico da Balouta e Xirandaina

17/06/2024 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 70.000 persoas demandantes de emprego beneficiaranse nun ano do perfilado competencial con intelixencia artificial da Xunta

Rueda asegura que o obxectivo é casar oferta e demanda no eido laboral xa que Galicia “conta con 15.000 postos de traballo se cubrir”

16/06/2024 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel da artesanía na dinamización comercial das vilas e cidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá o evento Sabor a Novo, que se celebra durante toda a xornada de hoxe no Pazo de San Lourenzo, en Santiago