Actualidade
Buscador de novas
A Xunta continúa o traballo da man do tecido produtivo galego para garantir a cobertura de vacantes laborais e a remuda xeracional
José González destacou o importante papel que xoga a Cámara santiaguesa como interlocutora entre a Administración pública e as máis de 30.000 empresas e autónomos dos 32 concellos que conforman a súa demarcación territorial
A Xunta impulsa a divulgación do oficio da sombreirería no ‘Festival Asnot’ de Padrón
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación deste evento que busca animar ao uso de sombreiros a través do humor e do enxeño
Aneiros defende o éxito de programas mixtos de formación e emprego durante unha visita ao alumnado do obradoiro de garantía xuvenil’ Inicia VII’
O programa, que conta con 15 participantes, desenvólvese na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
A Xunta celebrará a cuarta edición do evento Artesanía no Courel do 7 ao 11 de agosto
O obxectivo deste encontro é promover a formación e a divulgación dos oficios artesanais galegos e da marca Artesanía de Galicia
A Xunta informa das vantaxes do Bono remuda para garantir o mantemento dos negocios como dinamizadores do territorio e xeradores de riqueza
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, dirixirase a través dun webinario ao equipo técnico dos Polos de emprendemento e de entidades de persoas traballadoras autónomas, empresariais ou comerciais, así como a xestorías e colexios de graduados sociais para resolver dúbidas sobre a convocatoria aberta
A Xunta destaca as oportunidades laborais da primeira promoción de expertos en elaboración e negociación de plans de igualdade da Universidade da Coruña
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no acto de despedida e entrega de diplomas a este alumnado da Escola de Relacións Laborais herculina
A Xunta destaca a importancia do comercio local na posta en valor e no impulso da marca Artesanía de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a tenda de Creativas Galegas, un dos establecementos de referencia que comercializa produtos de Artesanía de Galicia
A Xunta presenta o programa que asesorará de balde dentro da rede de Polos a 30 proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na presentación de Alento, iniciativa impulsada polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia
A Xunta aposta por potenciar as prazas de abastos e transformalas en ‘Mercados Excelentes’ como eixos do comercio local e vertebradores do territorio
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de abastos de Santiago para dar a coñecer a nova orde de axudas que publica hoxe o DOG
A Xunta presenta ao Goberno central a ferramenta EMI co fin de estendela a outras autonomías e casar oferta e demanda laboral con intelixencia artificial
González insistiu na aposta de Galicia por potenciar as oficinas de emprego públicas a través da innovación para atender as necesidades de empresas e traballadores e por trasladar as boas prácticas a outras rexións dentro da vontade de colaboración