Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

17/02/2023 | 22:17 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca as cifras de récord do dobre Ano Santo e anima a seguir camiñando a Galicia durante a década Xacobea

Subliña que Galicia pechou 2022 con máis de 438.000 compostelas entregadas, a maior cifra da historia e fala de “éxito colectivo” de toda a comunidade

16/02/2023 | 16:00 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta afirma a súa aposta polo turismo rural durante unha visita as obras realizadas no miradoiro de Triguás en Parada do Sil

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe este concello para comprobar in situ as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas infraestruturas para concellos de menos de dez mil habitantes

16/02/2023 | 14:37 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda confirma a creación en Ourense da Área de Turismo Termal para consolidar a Galicia como un referente neste eido

Salientou que a creación desta nova área potenciará a posta en valor turístico dos recursos naturais e culturais vinculados ao termalismo en Galicia
 

15/02/2023 | 15:24 | Axencia de Turismo de Galicia

O Bono Turístico #QuedamosEnGalicia acadou máis de 39.000 beneficiarios nas súas tres edicións

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta do balance do bono turístico #QuedamosEnGalicia

09/02/2023 | 18:04 | C. do Medio Rural; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia as accións promocionais do xeodestino Ancares Terras de Burón, que lanza o seu pasaporte gastronómico

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu á presentación desta iniciativa promovida polo GDR Montes e Vales Orientais

09/02/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta informa ao concello de Mugardos da convocatoria das axudas de 400.000 € para as festas de interese turístico de Galicia

As axudas teñen como obxectivo potenciar as festas galegas que polas súas características e singularidades teñen un recoñecemento e prestixio a nivel autonómico

08/02/2023 | 13:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta dá comezo en Narón á nova edición do programa ‘Vexo Veo Xacobeo’ na que participarán preto de 3.500 nenos e nenas de 53 centros educativos galegos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron hoxe no acto de presentación que tivo lugar no no colexio Jorge Juan en Narón

07/02/2023 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta sinala a importancia da enogastronomía galega durante a presentación da Feira do Cocido de Lalín

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da Feira do Cocido de Lalín que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura

07/02/2023 | 12:49 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a importancia das redes sociais en darlle visibilidade ás ofertas turísticas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do estudo Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada nas enquisas e redes sociais

06/02/2023 | 12:34 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o entroido galego como un dos grandes atractivos turísticos de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto de presentación dos entroidos de Vilariño de Conso, Viana do Bolo e Manzaneda, que están declarados como Festas de Interese Turístico