Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

17/04/2023 | 18:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta organiza un encontro informativo na delegación territorial de Ferrol sobre a orde de axudas para eficiencia enerxética en empresas turísticas

A sesión terá lugar o próximo mércores 19 de abril, ás 12.30 horas, no salón de actos da planta baixa do edificio e estará aberta a todas as persoas interesadas

17/04/2023 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta as axudas de mellora da eficiencia enerxética para establecementos turísticos, dotadas con 7,8 M€, ao sector do Salnés

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, acompañado por representantes do Clúster da Eficiencia Enerxética, mantivo esta mañá un encontro informativo con empresarios de hostalería e turismo da bisbarra no Hotel Norat do Grove

16/04/2023 | 10:51 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro superior de hostalería de Galicia leva a cabo un plan de formación con máis de 1.200 prazas para as empresas turísticas e hostaleiras

O Plan de Competitividade dixital e sostible de Galicia inclúe unha ferramenta de autodiagnóstico das empresas do sector turístico que lles permitirá coñecer o estado actual da súa empresa, identificar áreas críticas, facer análises comparativos con outras empresas similares e concretar estratexia e definir obxectivos

13/04/2023 | 14:50 | Axencia de Turismo de Galicia

Fernández-Tapias anuncia o voto favorable da Xunta ao proxecto de 2 M€ para a revalorización de Bouzas no novo Plan de Sostenibilidade Turística en Destino

A delegada territorial da Xunta avanza a decisión do Goberno galego favorable á inclusión do proxecto para promover o potencial turístico da vila viguesa

12/04/2023 | 13:25 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa no acto que certifica a adhesión de nove xardíns galegos á Rede Europea de Xardíns Históricos

Este Itinerario Cultural Europeo, pertencente ao Consello de Europa, agrupa 41 espazos botánicos de Europa, relevantes polo seu valor histórico, artístico e botánico

11/04/2023 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca as cifras de ocupación nesta Semana Santa nas que Galicia acadou unha ocupación media do 85% chegando ao 100% nalgunhas zonas

As reservas de última hora e o bo tempo impulsaron aos viaxeiros de última hora que escolleron Galicia como destino, o que permitiu rematar a Semana Santa cunha ocupación superior ás previsións establecidas polo sector

09/04/2023 | 12:42 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participará en Milán en La Spagna al Femminile que rende homenaxe ás mulleres chef na enogastronomía

Trátase dunha iniciativa de promoción do turismo a través da gastronomía, promovida pola OET de Milán, que emparella a grandes cociñeiras das rexións españolas con cociñeiras italianas de renome

08/04/2023 | 19:20 | C. do Medio Rural; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na XVIII edición da Ruta das Covas de Seadur, no concello de Larouco

Este entorno etnográfico está composto de 40 adegas tradicionais de gran valor patrimonial e onde se proxectan actividades turísticas e gastronómicas

03/04/2023 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega 70.000 € para renovar o recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, en Cospeito

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego e o Concello asinaron un convenio para reformar as instalacións, que acollen citas multitudinarias como a Moexmu e a Festa da Filloa

03/04/2023 | 13:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta colabora co Concello de Portas nas melloras no interior e na contorna do albergue de Briallos cunha axuda de máis de 48.000 euros

As axudas engloban a construción dunha pista deportiva, a reparación das ventás e a colocación de remates na cuberta