Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

21/04/2023 | 11:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a importancia do Camiño de Santiago como pulo para o desenvolvemento económico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega dos Premios Pilgrim a diversas empresas do sector turístico galego

20/04/2023 | 18:02 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Escolares do CEIP Terra Chá de Vilalba percorren unha etapa do Camiño Norte dentro do programa da Xunta Vexo Veo Xacobeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acompañou aos nenos e nenas na actividade, que pretende “fomentar que os máis cativos coñeza a riqueza natural e patrimonial que hai arredor do Camiño e aprendan a valoralo e a coidalo”

20/04/2023 | 14:34 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación da Ruta Queztal Cara a luz do fin do mundo que terá lugar en Galicia na primeira quincena de xullo

A Ruta Quetzal conmemora o 30 Aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en 1993

20/04/2023 | 12:48 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro destacou hoxe na presentación da Festa da Lamprea de Arbo que supón un importante reclamo turístico para Galicia

A festa acadou a declaración de Interese Turístico Internacional este ano en recoñecemento á súa antigüidade, singularidade, o seu valor cultural e gastronómico e o seu atractivo turístico

19/04/2023 | 19:02 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta pola sostibilidade no Camiño de Santiago a través do Proxecto Lugares

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do proxecto que tivo lugar nas covas de Seadur

19/04/2023 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta informa ás empresas de Ferrolterra das axudas de eficiencia enerxética para aloxamentos turísticos dotadas de 7,8 M€

Estas achegas de Turismo de Galicia están orientadas a financiar actuacións de eficiencia enerxética en edificios completos como hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues e apartamentos turísticos construídos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007

19/04/2023 | 13:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Clúster de Turismo coinciden na idoneidade de permitir 3 quendas diarias de acceso ao Illote Areoso

O Goberno galego concretará co sector turístico os horarios de acceso co fin de garantir o equilibrio entre a protección e o aproveitamento público deste espazo natural

19/04/2023 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Gabriel Alén explica aos hostaleiros de Ourense as axudas para actuacións de eficiencia enerxética en aloxamentos turísticos

O delegado territorial sinalou a importancia da eficiencia enerxética no ámbito turístico, xa que contribúe á sostibilidade económica e medioambiental, algo que está altamente demandado

18/04/2023 | 14:55 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro participa na presentación do libro Religious Pilgrimages in the Mediterranean World

O libro analiza as peregrinacións desde o século XVI ata a actualidade, recollendo as liñas de investigación recentes sobre as peregrinacións