Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

03/05/2023 | 12:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia rexistra no primeiro trimestre deste ano un 22,5% máis de ocupación nos aloxamentos turísticos que no mesmo período do pasado ano

Neste primeiro trimestre, Galicia rexistrou un total de 717.562 viaxeiros e 1,3 M noites cunha estadía media de 1,8 noites nos seus establecementos

29/04/2023 | 10:33 | C. do Mar; Axencia de Turismo de Galicia

Expertos de Galicia e Portugal debaterán sobre o futuro do río Miño e a súa contorna como destino turístico nun seminario do Proxecto Atlazul

A xornada celebrarase o vindeiro 3 de maio na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo e na súa apertura participarán a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora-xerente do Cetmar, Paloma Rueda

27/04/2023 | 21:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia
27/04/2023 | 14:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amplía ata o 29 de maio do prazo para a solicitude das axudas para actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

Estas axudas, dotadas de 7,8 millón, están destinadas a hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos
 

26/04/2023 | 20:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a futura Lei de artesanía de Galicia para dignificar o labor dos artesáns e poñer en valor as súas creacións

Salienta que a mostra organizada pola Asociación de Artesáns e Comerciantes de Ourives de Galicia, formada por unhas 75 pezas, reúne “un tesouro que é patrimonio de toda a cidadanía galega”

26/04/2023 | 13:47 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación da iniciativa Escape room Camiño de Santiago que ten lugar no albergue de Samos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o albergue de peregrinos de Lusío, en Samos, onde terán lugar ata finais de xuño arredor de 24 edicións deste proxecto

26/04/2023 | 11:24 | Axencia de Turismo de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación das bases da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento no litoral galego

O obxectivo principal destas axudas é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras

25/04/2023 | 14:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o auxe da ocupación nos cámpings galegos que ofrecen un turismo tranquilo, de calidade e sostible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na Xornada sobre “Inversión e innovación no mundo do cámping”, organizada polo Banco Sabadell e que tivo lugar na Cidade da Cultura

23/04/2023 | 13:35 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro agradece o traballo das asociacións xacobeas na consolidación do Camiño de Santiago como unha das rutas de peregrinación máis importante a nivel mundial

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor o traballo das 350 Asociacións de Amigos do Camiño en todo o mundo

21/04/2023 | 11:50 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda enxalza o papel do Camiño de Santiago como ruta vertebradora de Europa

”É moito máis ca un percorrido ou turismo, é a historia de Europa e do mundo”, defende sobre a súa relevancia para o fomento do intercambio cultural entre as diferentes nacións do continente europeo