Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

05/07/2023 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Arias informa dos apoios da Xunta a concellos e ao sector turístico para adherirse á marca Q de Calidade

O delegado territorial de Lugo lembrou en Palas de Rei que mañá remata o prazo para solicitar estas axudas

03/07/2023 | 16:40 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a experiencia do novo director da Axencia de Turismo de Galicia como a mellor garantía para que o sector siga consolidándose na comunidade

Salienta que o seu coñecemento e traballo contribuirán a que esta actividade siga sendo o mellor escaparate da marca Galicia e lembra a xestión e dedicación amosadas durante estes anos pola súa predecesora, Nava Castro

27/06/2023 | 12:08 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta financia con máis de 255.000 € seis actuacións de embelecemento do litoral galego nos concellos Ares, Narón e Neda

Esta convocatoria de axudas de Turismo de Galicia e dotada dun orzamento de 4,4 M€, ten por obxecto mellorar e potenciar o litoral galego actuando sobre os seus recursos naturais, patrimoniais e culturais

24/06/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda anima á mocidade a sumarse a outro ano turístico de récord co inicio na próxima semana do programa Xacobeo Xove

Subliña que a Xunta achegará descontos de ata 200 € aos mozos que contraten un paquete turístico para realizar o Camiño de Santiago nunha axencia de viaxes

21/06/2023 | 14:50 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a potencia termal de Galicia como atractivo turístico “de calidade e diferencial”

Celebra a recuperación dun edificio centenario e emblemático que acada unha nova vida grazas a inversión privada “e a colaboración entre administracións”

20/06/2023 | 20:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda enxalza o presente e o potencial turístico dunha Galicia que apunta a seguir batendo récords de viaxeiros e de ocupación hoteleira no 2023

Subliña que a Comunidade “está aberta a todo o mundo” porque son moitos os seus atractivos e porque “queda moito por descubrir”

20/06/2023 | 13:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda salienta o interese de Galicia en reforzar as relacións co Xapón, en especial nos sectores da automoción, do turismo e das enerxías renovables

No último quinquenio as exportacións galegas ao país nipón medraron un 82 %, concentrándose nos sectores do automóbil e de produtos pesqueiros