Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

25/08/2023 | 13:36 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o crecemento de Galicia como destino turístico logo de incrementarse en preto dun 10% o número de visitantes nos primeiros sete meses do ano

Pon en valor estas cifras récord de turistas e peregrinos en comparación co 2022 a pesar de non ser este 2023 Ano Xacobeo

24/08/2023 | 14:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove en Frankfurt durante esta fin de semana a oferta turística galega no marco da Feira Museumsuferfest

Turismo de Galicia participa nesta feira dende o 2012 cun stand de información turística e actuacións musicais de Sheila Patricia, Susana Seivane e Broken Peach

23/08/2023 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia rexistra nos sete primeiros meses do ano un incremento dun 8 % de turistas e acada un máximo histórico de ocupación nos establecementos hoteleiros

O bo comportamento da demanda e dos niveis de ocupación acontece nun contexto de incremento das tarifas hoteleiras, o que conleva melloras notables dos niveis de rendibilidade no sector

23/08/2023 | 14:17 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia abre hoxe o prazo para solicitar 21 bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo

23/08/2023 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Gabriel Alén destaca a achega de case 1,3 M€ da xunta a 43 concellos da provincia de Ourense ao abeiro da orde de infraestruturas turísticas

Gabriel Alén lembrou que a Xunta destina nesta nova edición 3 millóns de euros (1 M€ en 2022) a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas

22/08/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial de Pontevedra visita a mellora subvencionada pola Xunta do aserradeiro de Os Carranos, en Covelo

Reguera lembrou o esforzo da Xunta por impulsar aqueles atractivos turísticos menos coñecidos pero con un gran potencial na súa contorna

21/08/2023 | 11:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Remata a exposición Iacobus Gaudet no Museo de Arte Sacro de Querétaro en México con gran afluencia de público

A exposición baséase na creación artística do fotógrafo galego, Manuel Valcárcel, que percorreu as rutas do Camiños de Santiago para captar a experiencia da peregrinación en 45 fotografías e un vídeo

20/08/2023 | 10:03 | Axencia de Turismo de Galicia

Os trens turísticos de Galicia acadan xa o 80 % de ocupación nas 11 rutas ofertadas por toda a xeografía galega

Este ano 2023, as rutas das camelias en flor e Experiencia Museo Estrella Galicia na Coruña, acadaron o 100 % de ocupación
 

18/08/2023 | 12:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta rehabilitará a casa do Legoeiro na Ponte Romana de Ourense que albergará a oficina de turismo e un espazo de exposicións

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, indicou que a obra conta cun orzamento de 287.936 euros e dará comezo proximamente coa previsión que estea rematada nos primeiros meses do ano que vén