Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

30/11/2023 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte ; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta ratifica a unión entre turismo e deporte como caras dunha mesma moeda na inauguración de Sportur 2023 e do congreso internacional

O secretario xeral para o Deporte asegura que Galicia conta coas “ferramentas necesarias e suficientes” para recuperar os rexistros turísticos asociados ao deporte pre pandemia grazas a innumerables recursos

30/11/2023 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste máis de 1,2 millóns de euros na mellora das infraestruturas do sector turístico no Salnés

O delegado territorial visitou o resultado das obras levadas a cabo no Hotel Carlos I Silgar grazas á liña de axudas da Xunta para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos e que permitiu mellorar o spa e reformar 35 habitacións

30/11/2023 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na mesa de traballo do xeodestino Allariz–Maceda–A Limia para elaborar a nova estratexia turística 2024-2030

O Goberno galego está a traballar xa no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico o estado de situación do turismo en Galicia

29/11/2023 | 14:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta concede máis de 40 bolsas para estudar este curso no Centro Superior de Hostalería de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución dos beneficiarios dos que acceden a esta axuda por primeira vez e os que a renovan

29/11/2023 | 12:00 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia participa no proxecto que creará o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular

O director de Turismo de Galicia presenta ao sector a iniciativa financiada con fondos Next Generation e que se leva a cabo con Asturias, Cantabria e País Vasco

28/11/2023 | 18:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o apoio da Xunta para reforzar a Costa da Morte no modelo turístico galego

Refírese á colaboración continuada co xeodestino con preto de 300.000 euros nos últimos anos para apostar pola sustentabilidade e impulso aos seus recursos

26/11/2023 | 12:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia, candidata a mellor administración pública na implantación da calidade turística no seu territorio

É unha das seis institucións supramunicipais seleccionadas pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias

24/11/2023 | 13:35 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles avanza á asociación do Camiño de Inverno a folla de ruta de 2024 con máis de 1 M€ para conservación e mantemento deste itinerario

O director de Turismo de Galicia afondou nalgunhas accións no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27 e accións conxuntas para dinamizar a contorna da ruta

23/11/2023 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Reguera tende a man da Xunta ao sector turístico: “Seguiremos traballando xuntos”

O delegado inaugurou, xunto ao presidente da Deputación e ao presidente de Clúster de Turismo de Galicia, unha xornada sobre as posibilidades da intelixencia artificial neste sector