Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

08/12/2023 | 10:45 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles avanza á mancomunidade de concellos do Camiño Francés a folla de ruta de 2024 con máis de 1 M€ para conservación e mantemento deste itinerario

O director de Turismo de Galicia reuniuse coa presidencia da entidade e afondou nalgunhas accións no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27

07/12/2023 | 14:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o interese do Nadal galego, que suma desde hoxe o Belén da Catedral de Santiago na Igrexa de San Agostiño

O director de Turismo de Galicia participa na apertura deste nacemento que é do templo catedralicio, coa colaboración da Xunta de Galicia, e que este ano estará novamente aberto para a súa visita nesta igrexa ao carón do Mercado de Abastos

07/12/2023 | 12:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reivindica o impacto turístico dos concertos que apoia con case 2 millóns de participantes nos últimos dous anos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, responde no Parlamento de Galicia unha pregunta sobre o patrocinio do concerto de Muse na cidade de Vigo
 

05/12/2023 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Arranca a terceira edición da aceleradora de empresas turísticas da Xunta, Turislab, que amplía vínculos con Portugal

Incorpórase ao Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal POCTEC incluíndo como socios a Comunidade Intermunicipal Alto Minho (CIM AM) e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

04/12/2023 | 12:55 | Axencia de Turismo de Galicia

Música, reflexión e arte centran a programación da Xunta no 30 aniversario do Camiño Francés como patrimonio da humanidade

As actividades comezan este domingo 10 de decembro co repique das campás da Catedral de Santiago e varias igrexas da cidade e, pola noite, estrearase a iluminación especial da Torre do Reloxo que permanecerá acesa toda a semana

03/12/2023 | 19:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles visita o Belén de Valga co que arranca Nadal en Galicia, a proposta da Xunta para potenciar o valor turístico destas datas

Turismo de Galicia convida a participar nas diferentes propostas como beléns, mercados, espectáculos que se celebran nas catro provincias

02/12/2023 | 11:15 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o investimento da Xunta de 3,5 M€ para reforzar os servizos do camiño Fisterra e Muxía

Refírese á aposta dos últimos anos que fixo posible incrementar as prazas de aloxamento con novos albergues da rede pública e conservación do trazado
Indica que o Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27 mantén o seu compromiso con accións transversais e un investimento de máis de 700.000 euros para o vindeiro 2024
 

01/12/2023 | 15:49 | Axencia de Turismo de Galicia

O británico Ed Sheeran actuará o 6 de xullo en Santiago no Gozo Festival co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia participa na presentación do cabeza de cartel, que chegará por primeira vez a Galici

01/12/2023 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Trenor participa na mesa de traballo en Santiago para elaborar a nova estratexia turística de Galicia 2024-2030

En colaboración co Clúster de Turismo, nestes encontros búscase extraer a diagnose previa que servirá de base para esta folla de ruta da Xunta de Galicia

01/12/2023 | 12:32 | Axencia de Turismo de Galicia

O turismo galego medra a un ritmo do 6,5 % con máis de 6,4 millóns de viaxeiros aloxados e os mellores niveis de rendibilidade desde que hai rexistros

Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) acumulados ata outubro constatan a positiva evolución deste ano especialmente fóra de temporada alta