Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 532 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

19/12/2023 | 21:48 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles participa na presentación de La Vuelta 24, que contará con catro etapas en Galicia

O director de Turismo de Galicia asiste ao acto oficial no que se anunciou o percorrido da proba ciclista que permitirá promover varios destinos galegos

19/12/2023 | 15:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A futura estratexia de turismo de Galicia 2024-2030 avanza no seu deseño con máis de 1.000 participantes na fase de diagnose

O director de Turismo de Galicia reúnese co presidente do Clúster Turismo de Galicia no último encontro do proceso participativo desta folla de ruta da Xunta

18/12/2023 | 12:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa por máis de 500.000€ a reconversión do antigo sanatorio de O Paraxón nun novo reclamo turístico das mariñas coruñesas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visita xunto ao rexedor de Oza-Cesuras este inmoble xa rehabilitado no que se están estudando os seus novo usos

16/12/2023 | 13:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o grande aumento do impacto económico e social do Camiño de Santiago en Galicia nos últimos 30 anos

Salienta que o ano 1993 supuxo “un antes e un despois” para esta ruta de peregrinación coa creación da rede pública de albergues, o incremento no investimento e o impulso do Xacobeo

15/12/2023 | 13:23 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a contribución da investigación xacobea na proxección internacional do Camiño de Santiago nos últimos 30 anos

O director de Turismo de Galicia presenta as actas do XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, a publicación máis importante sobre o Camiño de Santiago dos últimos anos polo nivel de investigación e novas achegas
 

14/12/2023 | 14:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta edita a primeira cronoloxía dedicada ao proceso histórico da Ruta Xacobea desde os seus inicios ata o século XXI

O director de Turismo de Galicia presenta este novo libro no marco das celebracións do 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade

12/12/2023 | 13:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta homenaxea aos voluntarios da ruta xacobea na exposición conmemorativa do 30 aniversario do Camiño francés como Patrimonio da Humanidade

Inclúe distintas imaxes en branco e negro e en cor do fotógrafo e peregrino Manuel G. Vicente na década dos anos 90 ata 2014 en varias localizacións de Galicia

11/12/2023 | 13:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles agradece ás axencias de viaxe a súa contribución no reforzo da competitividade do destino

O director de Turismo de Galicia participa no acto de integración da asociación provincial de Pontevedra na Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI)

11/12/2023 | 12:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta organiza este Nadal tres xornadas de visitas guiadas gratuítas para coñecer o pazo de Lourizán

Celebraranse os días 23, 27 e 30 de decembro en dous grupos diarios de 20 persoas cada un e, como agasallo, cada participante recibirá unha camelia de Nadal

09/12/2023 | 10:05 | Axencia de Turismo de Galicia

O repique de campás na catedral e en varias igrexas de Santiago abre mañá a semana do 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade

En colaboración coa Asociación Campaneiros de Galicia, realizarase esta homenaxe sonora co toque das campás de cara ao mediodía