Actualidade
Buscador de novas
A Xunta promove esta fin de semana a ‘Primavera de Portas Abertas’ nas rutas dos viños na Ribeira Sacra
Da man de Turismo de Galicia, un grupo de influencers especializados en enogastronomía e viaxes divulgan a iniciativa que comezará en maio para o público
O Centro Superior de Hostalería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxentina
En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país
A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento
Despois de que Turismo de Galicia informase favorablemente, vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que se publicará no BOE
A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5 M€ para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá 17 de abril
A denominación de orixe Ribeiro protagoniza esta fin de semana a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños
Turismo de Galicia organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe para promover as tradicionais xornadas de portas abertas nas rutas dos viños que comezarán en maio para o público
A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución
A Xunta lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas sobre a continuidade do proxecto e recorda que se están a cumprir escrupulosamente os prazos
A Xunta salienta a oportunidade turística de Galicia como integrante do itinerario cultural dos vikingos
O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Xacobeo participa en Catoira nun seminario sobre este itinerario
A Xunta impulsa máis de 60 proxectos de embelecemento turístico en 41 concellos do litoral galego por 2,7 M€
Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega
O Centro Superior de Hostelería de Galicia celebra desde este sábado 10 xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa oferta a futuros estudantes
As sesións celébranse todos os sábados de cada mes ás 11,00 h con información das novidades para o vindeiro curso que inclúen novas bolsas e axudas para os alumnos