Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.052 novas da Fonte::

24/06/2024 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta consolida a gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas para o 100% do alumnado no próximo curso

Rueda adianta que por primeira vez estes centros aplicarán, xa no 2025 e de cara ao curso 2025/26, os mesmos criterios de preferencia no acceso

24/06/2024 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Goberno galego dá luz verde á matrícula gratuíta para os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do próximo curso

Rueda resalta a prioridade do Executivo autonómico de “garantir a igualdade de oportunidades” e lembra que Galicia foi “pionera na conxelación de taxas universitarias hai 13 anos”

24/06/2024 | 14:47 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Lei de administración ambiental simplificada adaptará o marco normativo galego aos retos climáticos e reforzará a seguridade xurídica de promotores privados e administracións

Rueda informa de que o Consello autorizou esta mañá levar a cabo un procedemento de consulta pública previa antes de proceder á elaboración do anteproxecto lexislativo

24/06/2024 | 14:41 | C. do Mar

A Xunta de Galicia inviste máis de 150.000 euros na renovación da envolvente da nave de xeo de Muxía

O conselleiro do Mar visitou as obras consistentes na reposición das fachadas e a cuberta do edificio e que se atopan en fase moi avanzada

24/06/2024 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para a construción de vivendas de alugueiro accesible, dotadas cun investimento de máis de 14,7 M€

Ábrese a primeira convocatoria dunha nova modalidade de promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes de rehabilitación con fondos propios da Xunta e un investimento autonómico de 7,2M€ 

24/06/2024 | 14:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Fundación Cidade da Cultura renovará a través dun concurso público a dirección de acción cultural para abrir unha etapa nova na súa programación

A institución procura avanzar na internacionalización e dixitalización da cultura galega, no apoio á comunidade de creadores e na descentralización do Gaiás, transformándoo nunha factoría que exporte contidos a centros de dentro e fóra de Galicia

24/06/2024 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O alumnado galego que estude portugués no seu centro educativo poderá acreditar o seu nivel lingüístico de xeito gratuíto

Román Rodríguez agradece a colaboración portuguesa para mellorar a formación dos estudantes galegos, poñendo en valor os vínculos coa lusofonía

24/06/2024 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas ao seu paso por 7 concellos da comarca de Ferrolterra

Intervirase nas estradas AC-110, AC-564 e AC-566 nos concellos de Cerdido, Moeche, As Somozas, A Capela, As Pontes, Valdoviño e Cedeira

24/06/2024 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña da Xunta ‘Veráns de Lecer Consumo’ comeza hoxe con máis de 200 actividades para rapaces de 3 a 18 anos en 60 concellos galegos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou, xunto coa xerente do IGCC, Sol Vázquez, unha destas actuacións no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo coa que se busca concienciar dun xeito lúdico sobre o consumo responsable