Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.052 novas da Fonte::

27/06/2024 | 17:07 | C. de Sanidade

Sanidade salienta a calidade dos servizos de transporte sanitario aéreo urxente que funcionan todos os días do ano

A Central da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061 realiza unha supervisión continúa das necesidades sanitarias que require cada emerxencia

27/06/2024 | 16:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana agradece a Pymar as súas achegas para elaborar o plan director do sector naval de Galicia

Lembra que, xunto coa automoción, o sector naval vai ser dos primeiros en contar cun borrador deste plan, comprometido para os primeiros cen días de goberno

27/06/2024 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co estado a creación dun grupo de traballo para poder avanzar na concreción de obras, prazos e investimento do plan director do Corredor Atlántico

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas reuníronse co secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible e co comisionado do Goberno central para o Corredor Atlántico

27/06/2024 | 16:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reúnese co alcalde e directores dos centros educativos de Ribadeo para analizar as necesidades do concello

A Consellería completará a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz cun novo peche perimetral demandado pola comunidade escolar

27/06/2024 | 16:18 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta financia o derribo dunha antiga construcción en ruínas fronte á Capela de Santo Domingo, en Dozón, para construír unha área de descanso para peregrinos

As obras serán posibles grazas á subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para a mellora das infraestruturas turísticas, que deixou en Dozón 30.000 euros

27/06/2024 | 15:36 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde defende a eficiencia da organización para garantir a mellor atención de urxencias aos veciños do Morrazo

O xerente do Servizo Galego de Saúde explica no Parlamento que se garante unha asistencia sanitaria de calidade segundo criterios obxectivos baseados na evidencia científica

27/06/2024 | 15:36 | C. de Sanidade

A plataforma de teleasistencia do Sergas “Telea” monitoriza os tratamentos antiacoagulantes de máis de 500 pacientes galegos

A Consellería de Sanidade facilitou un total de 580 coagulómetros para que os pacientes poidan controlar os niveis de coagulación desde os seus fogares, evitando así desprazamentos innecesarios aos centros de saúde

27/06/2024 | 15:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a importancia do sector forestal galego a nivel nacional e internacional na VII feira Galiforest Abanca

A conselleira participou esta mañá na inauguración deste evento, que está consolidado como o maior certame forestal do país