Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.053 novas da Fonte::

01/07/2024 | 14:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a colaboración con entidades sociais de Galicia para garantir a protección das persoas consumidoras máis vulnerables

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asinou hoxe en Santiago de Compostela convenios de colaboración con nove asociacións para o desenvolvemento de actividades de carácter formativo e informativo

01/07/2024 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou durante o acto de benvida a importancia de apoiar o talento novel na narrativa galega contemporánea

01/07/2024 | 13:26 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 75 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 28 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 30 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico

01/07/2024 | 13:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Portugal colaboran no desenvolvemento de sete proxectos piloto de infraestruturas verdes na Eurorrexión no marco do proxecto "Green Gap"

Durante a sexta reunión de coordinación da iniciativa, celebrada en Paredes de Coura, representantes do Instituto de Estudos do Territorio expuxeron os últimos avances no deseño do futuro Plan transfronteirizo da paisaxe para o Baixo Miño

01/07/2024 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta mellora a vía LU-644 á altura da travesía da Cruz do Incio cun investimento de 38.300 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación inclúe o reforzo do firme e a construción de dous pasos peonís sobreelevados

01/07/2024 | 11:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 94.000 euros na mellora da accesibilidade do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro naronés onde supervisou as obras de instalación dun ascensor acometidas pola Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades

30/06/2024 | 16:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora no Fogar Residencial de Taboadela

Sufragará con 90.000 euros a impermeabilización das fachadas do centro, que executará o concello por tratarse dun edificio de titularidade municipal

30/06/2024 | 16:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta homenaxea aos galegos que emigraron a Venezuela polo seu labor para manter a galeguidade no exterior e ratifica a súa aposta polo retorno

José González agradeceu neste acto o traballo diario dos galegos no exterior para manter vivas as tradicións, música e historia galegas e remarcou o carácter referencial da Irmandade Galega de Venezuela

30/06/2024 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; Axencia de Turismo de Galicia

A ‘Etapa Popular Camiño da Costa’ congrega en Vigo a ducias de persoas e confirma “o auxe da ruta Xacobea que máis medra” en Galicia

A Xunta organizou este domingo a iniciativa cun tramo de 20 quilómetros que discorre polo municipio vigués, entre as parroquias de Saiáns e Teis