Actualidade
Buscador de novas
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a necesidade de doar sangue na ponte festiva de xullo
ADOS salienta a solidariedade da sociedade galega nas xornadas previas á celebración do Día de Galicia e transmite o agradecemento de toda a sociedade galega á figura dos doantes
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa UNICO para a mellora da conectividade en polígonos
O DOG publica hoxe a orde que permitirá a Pemes e micropemes situadas en polígonos ou áreas loxísticas acceder a unha subvención de ata o 80% para conexións de 1Gbps
Galicia segue a superar os rexistros históricos de exportacións e suma máis de 12.800M€ entre xaneiro e maio
Nos cinco primeiros meses do ano, as vendas ao exterior da Comunidade incrementáronse un 4,4% con respecto a 2023, ano récord das exportacións galegas no que se superou por primeira vez a barreira dos 30.000M€
A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse na primeira quincena de novembro
A Xunta reforza sete servizos de autobús entre A Coruña, Oleiros e Sada en horarios de maior ocupación
Cinco deles conectan A Coruña e Sada con paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada; e dous forman parte de liñas entre A Coruña e Lorbé, en Oleiros
A Xunta continúa a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra no Museo do Mar de Galicia
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca na inauguración que a exposición que “fai moi doado coñecer e comprender a traxectoria da escritora desde moi diversos puntos de vista”
A Xunta enche o Monte do Gozo de actividades para toda a familia co Festival ‘Revenidas Miúdo’
O secretario xeral da Lingua e o director de Turismo de Galicia presentan esta cita que terá lugar o día 28
A Xunta continúa o traballo da man do tecido produtivo galego para garantir a cobertura de vacantes laborais e a remuda xeracional
José González destacou o importante papel que xoga a Cámara santiaguesa como interlocutora entre a Administración pública e as máis de 30.000 empresas e autónomos dos 32 concellos que conforman a súa demarcación territorial
A Xunta aumenta a capacidade de resolución da Atención Primaria así como o confort de pacientes e profesionais
No ano 2023 o Goberno galego xestionou 37,8 M€ dentro do Marco Estratéxico de Atención Primaria para fortalecer o primeiro nivel asistencial, mellorando as infraestruturas e ampliando o equipamento clínico
A Xunta inviste un total de 84,5 M€ na contratación do transporte sanitario terrestre non urxente e hospitalario urxente das sete áreas sanitarias
Está previsto que estes contratos permitan realizar 979.000 servizos anuais no conxunto das áreas sanitarias